A Fiscalía pide 14 anos de cadea por abusos sexuales a un menor de Carballo
O xuizo ten lugar hoxe na Audiencia Provincial

A CORUÑA GALICIA, SPAIN - OCTOBER 14: Facade of the court of Violence against Women No. 1 of A Coruña during the beginning of the trial for the murder of a baker in the neighborhood of Birloque, on 14 October, 2024 in A Coruña, Galicia, Spain. The prosecution is asking for 25 years in prison for the accused of the murder, partner of the murdered woman with whom he lived and whom he allegedly killed when she intended to terminate the relationship. (Photo By M. Dylan/Europa Press via Getty Images) / Europa Press News

Carballo
A Audiencia Provincial da Coruña acolle este luns unha vista xudicial contra dúas persoas, un home e unha muller que mantiveron unha relación sentimental, investigadas por presuntos abusos sexuais a un menor. Segundo recolle o escrito do Ministerio Fiscal, os feitos teríanse producido na vivenda do acusado, en Carballo, nun período comprendido entre finais de decembro de 2023 e comezos de xaneiro de 2024, aínda que sen unha data concreta.
A Fiscalía atribúelles a ambos un delito de agresión sexual a menor e solicita para cada un unha pena de 14 anos de prisión. Considera ao home responsable directo dos feitos e á muller partícipe por omisión. Ademais da pena de cárcere, reclama medidas de afastamento respecto do menor durante 19 anos, a prohibición de calquera tipo de contacto, así como oito anos de liberdade vixiada unha vez cumprida a condena. Tamén pide a retirada ou inhabilitación da patria potestade durante dez anos e a prohibición de desempeñar actividades con menores por un período superior en dez anos ao da pena de prisión. En concepto de responsabilidade civil, solicita unha indemnización conxunta de 25.000 euros polos danos morais causados á vítima, de menos de dez anos.
O xuízo celébrase a porta pechada. A acusación particular eleva a petición de condena ata os 15 anos de prisión por acusado e incrementa a indemnización ata os 30.000 euros, ao considerar que os feitos se prolongaron no tempo. Pola súa banda, as defensas solicitan a absolución ao negar as acusacións. As partes non acadaron ningún acordo previo.
Na sesión deste luns está prevista a declaración de cinco testemuñas, así como de peritos e especialistas do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga).




