Manuel Bragado: "Neste libro hai moita emoción e moito celtismo"
O editor e escritor presenta este mércores Afouteza Celtista

Entrevista al editor y escritor Manuel Bragado y al editor Javier Romero
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Vigo
Manolo Bragado é un dos escritores que máis sabe de fútbol, que máis escribiu sobre el e que máis o investigou e estudou. Sobre o deporte rei e sobre o seu Celta, unha das súas paixóns. Ao seu club escríbelle neste libro con paixón, cariño, empatía e moita emoción. E é que é desde a emoción.
E iso mesturado con aquel neno que con moi pouquiños anos xa ía da man do seu pai ao Vello Balaídos. E a Emiliano Bragado debémoslle esa paixón do seu fillo Manolo, e que nola teña transmitido nas súas crónicas de Faro de Vigo e en libros como este, Afouteza Celeste. Os artigos de Manolo Bragado mesturan á perfección a historia, a conciencia de pertenza e o marabilloso que é ser do Celta. Sostén Bragado que o celtismo é “unha forma de instalarse no mundo indemne á desesperanza, de enfrontarse á vida con escepticismo optimista que axuda a enfrontarse con afouteza ás maiores dificultades e a gozar con prudencia do entusiasmo efémero das alegrías e dos logros”. Non hai mellor definición para o que é ser celtista.
Paga a pena ler este libro para emprender unha viaxe celeste polas historias da historia dun club tan grande como o Real Club Celta. Con Manuel Bragado estivemos charlando no tempo de Hoy por Hoy Vigo antes da presentación de Afouteza Celeste este mércores na Sede do Real Club Celta ás 20:00 horas.

Jacobo Buceta
Periodista de Radio Vigo-Cadena Ser desde 1998. Director de Hoy por Hoy Vigo desde 2008 y narrador de...




