Eladio y los Seres Queridos, Kid Mount, Duendeneta Dilleis, Chicharrón e Montedapena son algúns dos artistas que actuarán en Pontevedra no Galegote Rock
A XIII Edición deste ciclo musical terá lugar o 24 e o 25 de abril en distintos locais e prazas da zona vella da cidade


Tras cancelarse a edición do ano pasado, o Galegote Rock volve á boa vila cun cartel que combina artistas consagrados e emerxentes. Na presentación estiveron presentes o concelleiro de Cultura e Normalización Lingüística, Demetrio Gómez, e o promotor do evento, Marcos Rivas. Ambos se mostraron felices coa volta deste ciclo que regresa nun momento moi doce da música en galego.
Marcos Rivas destacou a presenza de artistas novos con gran potencial na escena musical galega. E é que, por edicións anteriores do Galegote pasaron artistas como The Rapants, Fillas de Cassandra, Terbutalina ou Boyanka Kostova cando estaban comezando.
Ademais dos mecionados anteriormente, completarán o cartel Michu Da Rocha, Dogo, Portosanto, Flip Corale, LAW e Allada.
A novidade desta edición será que os concertos terán lugar tanto en bares como nas súas prazas anexas. Algúns dos espazos que albergarán os concertos son: o Campillo de Santa María, a NASA, A Verbena, A Gramola, A Pomada ou O Chato.
Os horarios se publicarán nos vindeiros días.




