Sociedad

A reparación do asfalto na N-550 comezará despois da Semana Santa

O investimento ascende aos dous millóns de euros e prevese pavimentar simultaneamente a N-640, cun orzamento de 2,3 millóns de euros, e a N-550a, con outros 200.000 euros

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, visitou Pontecesures, onde estase a preparar o dispositivo de reparación do asfalto que vai comezar despois da Semana Santa en todo o trazado provincial da N-550, incluíndo tamén o tramo urbano de Caldas de Reis, a N-550a. O operativo terá un importe de 2 millóns de euros e encádrase dentro do Plan Especial de Reparación e Conservación de Estradas do Estado en Galicia que está a executar o Goberno de España na provincia cun orzamento total de 12 millóns de euros.

Losada explicou que vanse mellorar todos os tramos deteriorados da N-550 dende o río Ulla ata O Porriño. Ademais, as obras incluirán o tramo da antigo trazado á entrada de Caldas de Reis, a N-550a, que vai dende a rotonda de Tivo ata a ponte do Umia. O subdelegado confirmou que na N-550 vanse investir preto de 1,8 millóns de euros para reparar os tramos nos que se teñen detectado deficiencias ao paso polos concellos de Pontecesures, Valga, Portas, Caldas de Reis, Barro, Pontevedra, Vilaboa, Soutomaior, Redondela, Mos e O Porriño. En canto á N-550a, cunha previsión duns 200.000 euros correspóndese coa entrada de Caldas de Reis.

Abel Losada destacou que estas actuacións estanse a realizar en tódalas estradas nacionais da provincia con especial intensidade, como demostra o feito de que Pontevedra absorbe 12 millóns dunha dotación total de 38 millóns de euros do Plan Especial de Reparación e Conservación en Galicia. O subdelegado engadiu que este Plan ten como obxectivo actuar tralo deterioro producido polos temporais deste pasado inverno e súmase ao Plan de Conservación ordinaria do Ministerio de Transportes.

Por outra parte, Abel Losada, informou ao alcalde de Caldas, Jacobo Pérez, de que ao arranxo do tramo da N-550a sumarase o comezo dos traballos para o asfaltado integral dos case 9 quilómetros da N-640 entre os PQ 222+00 e o PQ 230+525 é dicir case a totalidade dos correspondentes ao termo municipal, incluíndo o paso polo centro urbano. As obras, cun importe de 2.296.502 euros e un prazo de execución que será de 10 meses, encádranse dentro do programa EFAPAVES (Pavimentos Asfálticos Eficientes) do Ministerio de Transportes. O asfaltado integral vaise executar cun novo tipo de mesturas bituminosas en liña cos obxectivos de descarbonización e sustentabilidade impulsados polo Ministerio de Transportes.

Finalmente, o subdelegado remarca que, ademais deste ambicioso paquete de obras, fundamentalmente para resolver os problemas causados polos temporais, o Goberno de España aprobou a declaración de Galicia como Zona Gravemente Afectada por unha emerxencia de Protección Civil debido ás borrascas, polo que nos próximos meses vanse aprobar definitivamente as extraordinarias para a reparación de infraestruturas municipais aos concellos. Esta declaración vai permitir que moitos municipios da provincia obteñan fondos para reparar estradas de titularidade municipal.