Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Avia Veira, candidata do BNG á alcaldía da Coruña: “Quero liderar unha cidade máis coidada e con mellores servizos”

Avia Veira reivindica un cambio de rumbo na cidade e aposta por poñer no centro a vivenda, a mobilidade e o coidado dos barrios de cara ás municipais de 2027

Avia Veira, candidata do BNG de A Coruña á alcaldía

Avia Veira, candidata do BNG de A Coruña á alcaldía

00:00:0010:38
Descargar

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

A Coruña

A candidata do BNG á alcaldía da Coruña, Avia Veira, inicia esta nova etapa política “con moita ilusión, moitas ganas e moitísima enerxía”. Tras o paso ao lado de Francisco Jorquera, asume o reto co respaldo da organización e tamén da cidadanía, que —segundo destaca— lle fixo chegar numerosas mensaxes de apoio nos últimos días.

“Foi moi emocionante ver como tanta xente, de ámbitos moi distintos, se ofrecía a botar unha man”, sinala, destacando tamén o contacto directo coa veciñanza e o impulso recibido tanto na rúa como a través das redes sociais.

Continuidade, estilo propio e máis esixencia política

Veira recoñece que Jorquera deixa unha “pegada moi grande” na política municipal e cualifícao de “insubstituíble”. Con todo, asegura estar preparada para asumir este novo liderado e facelo co seu propio estilo.

Nese sentido, avanza unha actitude máis firme á hora de esixir o cumprimento dos acordos co Partido Socialista. “Imos poñer os acordos por diante e imos facer que se cumpran; se non, haberá que dicilo claro”, afirma.

A candidata nacionalista considera que o actual goberno local non está atendendo debidamente as prioridades da cidade e defende que chegou o momento de que o BNG lidere o Concello para situar esas demandas no centro da acción política.

Vivenda, transporte e coidado dos barrios

Entre as principais preocupacións da cidadanía, Avia Veira sinala tres eixos fundamentais: a vivenda, a mobilidade e o estado dos barrios.

No ámbito da mobilidade, aposta por mellorar o transporte público no seu conxunto —buses, taxis ou BiciCoruña— así como abordar a cuestión dos aparcamentos. En paralelo, incide na necesidade de reforzar o coidado dos barrios e das infraestruturas municipais.

“A xente ten a sensación de que todo o que depende do Concello está descoidado: centros cívicos, bibliotecas, instalacións deportivas… e fáinolo chegar”, explica.

Obxectivo 2027: liderar o goberno da Coruña

Avia Veira non agocha a súa ambición: “Quero ser alcaldesa da Coruña e gobernar para todas as coruñesas e coruñeses”. Considera que a cidade “merece máis coidado, máis cariño e mellores políticas públicas”.

De cara ás eleccións municipais de 2027, o BNG xa traballa na construción dunha alternativa sólida, intensificando o contacto cos barrios e co tecido social. “Imos traballar para liderar o goberno da cidade”, afirma.

Ademais, reivindica o papel das mulleres na política e chama a superar a “síndrome da impostora”, ao tempo que sinala referentes como Ana Pontón e a experiencia de goberno do BNG noutros concellos galegos como exemplo de boa xestión.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estás escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir