Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

O Carballo Interplay presenta a súa 13ª edición con 32 actividades e unha aposta pola cultura dixital e o galego na rede

O festival celebrarase do 16 ao 19 de abril no Mercado de Carballo con 19 series internacionais en competición, dúas estreas, shows en directo e premios á creación dixital en galego

O Carballo Interplay desvelou os contidos da súa XIII edición. Catro días de programación, 32 actividades e o Mercado de Carballo como escenario para un festival que se consolida como referente da cultura dixital contemporánea. Samantha Hudson, María Barrier, Lorena Iglesias, Kiko Amat ou Maldita.es figuran entre os nomes destacados dunha edición que sitúa o galego no centro da súa identidade.

A Sección Oficial reunirá 19 series, 17 delas internacionais e procedentes de 10 países, entre eles Reino Unido, Australia, Canadá, Francia, Irán ou Estados Unidos. A estas súmanse dúas presentacións especiais: a preestrea en Galicia de Millennial Mal, de Lorena Iglesias, tras o seu paso polo Festival de Málaga; e Epidemia Invisible, serie documental sobre saúde mental creada por Román Varela e gañadora do Premio á Produción da pasada edición. A programación audiovisual complétase coa proxección infantil da serie galega de animación PIPO na Biblioteca Rego da Balsa.

Entre os shows e podcast en directo destacan Rajando con… Bimboficadas, con Samantha Hudson e María Barrier, cuxas entradas se esgotaron en minutos; Pop y Muerte, con Kiko Amat e Benja Villegas; e Sexo en Nueva York Podcast, con Raquel Piñeiro e Patricia Blanco. A Zona PRO acollerá faladoiros sobre intelixencia artificial nos medios, o momento do podcast en España e as novas voces informativas na era dos algoritmos, con proxectos como Maldita.es, Salseología ou Trescentostrece. O sábado completarase con dous paneis sobre divulgación e memoria de internet, con Kenya Stéphanie, Helio Roque, Ainhoa Marzol e Carmen Pacheco, entre outros.

O galego ocupará un lugar estrutural no festival, con actividades formativas, conversas e os seus certames de creación dixital. O Premio á Produción está dotado con 3.000 euros, mentres que os Premios de Creación distinguen a mellor canle e mellor creador ou creadora con 600 euros cada un. Esta edición rexistrou un récord de participación con 35 proxectos presentados. A entrega de premios celebrarase o domingo 19 de abril con Lorena Iglesias como presentadora, e o festival pecharase cunha sesión vermú con Monkey Mambo. O Carballo Interplay está organizado polo Concello de Carballo con produción de Cósmica, co apoio de AGADIC e a Deputación da Coruña.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estás escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir