Análise dun Debate do Estado da Autonomía polo que "non pasou o espíritu de Cicerón"
Con Noa Díaz, Alejandro Sánchez Brunete, Marta Lois e Manolo Portas
Análise dun Debate do Estado da Autonomía polo que "non se pasou o espíritu de Cicerón"
Santiago de Compostela
A tertulia desta semana centrouse no Debate sobre o Estado da Autonomía, en marcha esta semana no parlamento galego, un debate con luces e sombras tanto na forma como no fondo. Os tertulianos centraron a análise en cuestións abordadas no Pazo do Horreo como a reforma da atención primaria, o control das baixas laborais ou a xestión do litoral, unha vez que Galicia asumiu as competencias nesta materia. Na véspera da toma de posesión de Rosa Crujeiras como reitora da USC, houbo tempo para tratar a expectación que está xerando.