Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

A viaxe dos residuos en Galicia: do colector á creación de nova materia prima

Cada ano chegan a Sogama ao redor de 800.000 toneladas de lixo, o que veñen a ser entre 2 e 3 millóns de quilos por día. A reciclaxe en Galicia transformouse nunha engrenaxe complexa que involucra a cidadáns, empresas de recollida e plantas de alta tecnoloxía. O obxectivo é claro: converter o que tiramos no lixo nun recurso valioso para a economía circular.

Vermú con SER - A viaxe dos residuos en Galicia: Do colector á creación de nova materia prima (19/04/2026)

Vermú con SER - A viaxe dos residuos en Galicia: Do colector á creación de nova materia prima (19/04/2026)

00:00:0034:03
Descargar

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Neste Vermú con SER tratamos de ofrecer unha visión detallada da xestión de residuos e a reciclaxe en Galicia. O proceso, é un camiño de varias etapas que comeza no xesto diario de separar a basura nos fogares. Para analizar esta traxectoria, o programa Vermú con Ser contou coa participación de expertos de tres piares fundamentais: Prezero (recollida), Sogama (tratamento) e Ecoembes (coordinación e economía circular).

O primeiro paso: a separación na casa e a recollida

A recollida porta a porta e os colectores de vía pública son o primeiro contacto do residuo co sistema. Segundo Alfonso Silveira, técnico de Prezero, actualmente manéxanse cinco tipoloxías de colectores. Unha das novidades máis salientables, como ocorre en Pontevedra, é a substitución do histórico colector verde polo colector gris, destinado á "fracción resto".

Porén, aínda persisten erros comúns. Silveira sinala que o colector amarelo non é de "plásticos" en xeral, senón de envases lixeiros. Un erro habitual é depositar tubaxes de PVC (que non deben ir alí), mentres que moita xente descoñece que as caixas de madeira de froita si deben ir ao colector amarelo por ser consideradas envases. Para todo o que non encaixa nos colectores habituais, como voluminosos ou restos de construción, a solución son os puntos limpos.

Como dato curioso e, á vez insólito, Silveira asegura que nunha ocasión encontraron un frigorífico depositado dentro dun colector de restos. Unha mostra máis da necesidade de concienciar e educar á cidadanía no coidado do medio ambiente.

Cerceda, o corazón tecnolóxico do tratamento

Unha vez que os camións recollen os residuos, a gran maioría (de 304 concellos galegos) diríxense ao complexo de Sogama en Cerceda. Teri Campos, responsable de comunicación de Sogama, explica que a planta xestiona entre 700.000 e 800.000 toneladas de lixo ao ano, o que supón uns 2-3 millóns de quilos diarios.

A tecnoloxía neste punto é clave. Para a bolsa amarela, Sogama emprega lectores ópticos, electroimáns e correntes de foucol para separar automaticamente plásticos, latas e briks. A intelixencia artificial e a robotización están a substituír o triaxe manual, mellorando a seguridade e a eficiencia do proceso. No caso da bolsa negra (fracción resto), tamén se usan tecnoloxías 4.0 para intentar recuperar materiais reciclables que foron mal depositados polos cidadáns.

O peche do ciclo: cara á economía circular

A última fase é a transformación deses materiais xa clasificados en nova materia prima. Bruno de Llano, especialista de Ecoembes en Galicia, destaca que o seu labor é garantir que os envases depositados nos colectores amarelo e azul acaben reciclándose. A cifra de éxito é esperanzadora: 8 de cada 10 envases recollidos selectivamente acaban tendo unha segunda vida.

Estes materiais clasificados por Sogama envíanse en forma de "balas" ou fardos aos centros recicladores para fabricar novos produtos como latas, botellas, mangueiras ou cubos. Deste xeito, evítase seguir esquilmando recursos naturais e redúcese o impacto do cambio climático.

Un reto colectivo

Aínda que a recollida separada en Galicia aumentou un 50% nos últimos anos, os expertos coinciden en que queda camiño por andar. O compromiso municipal tamén é variable; por exemplo, destaca o concello de Meaño polas súas altas taxas de recollida de papel e cartón. En Pontevedra, a calidade do material é boa na opinión de Bruno de Llano, o que significa que os pontevedreses fan ben a clasificación dos residuos.

A mensaxe final dos expertos é unánime: a maquinaria funciona, pero o éxito depende da calidade da separación inicial no fogar. Como ben resume o debate, o lixo é un indicador do noso estilo de vida, e pasar a un consumo responsable é o primeiro paso para un futuro sen residuos.

Iván Montáns

Iván Montáns

(Moraña, 1985) Locutor y redactor en programas como el Hoy por Hoy Pontevedra, La Opinión, La Ventana...

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estás escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir