Vídeo Sigue en directo la jornada de Liga en Carrusel Deportivo

Ocio y cultura

Carballo consolídase como referente da creación dixital e os videoxogos

O Atlantic Games Conference e o Carballo Interplay pecharon as súas edicións con gran éxito de público e un palmarés internacional

Este mes de abril, Carballo confirmouse como referente da vangarda dixital coa celebración da Atlantic Games Conference e o Carballo Interplay. Ambos eventos sumaron forzas para transformar o Fórum e o mercado nun fervedoiro de novas linguaxes, videoxogos e talento emerxente.

O Carballo Interplay celebrou a súa 13ª edición cunha clara proxección exterior. A serie canadense T-REX alzouse co premio á mellor serie, mentres que a francesa Eyes in the woods logrou o recoñecemento do Xurado Novo. No ámbito local, o festival premiou a canle Miradenovo e ao creador Antontísimo, destacando o auxe do talento en lingua galega con proxectos como Crossbooking Castelao, que recibiu apoio á produción.

Pola súa banda, a segunda edición da Atlantic Games Conference logrou o "sold out" en charlas e obradoiros de figuras internacionais como Maikel Ortega ou Juno Menager. O evento permitiu un intercambio global con expertos de Grecia ou Francia, pero mantendo o foco no produto propio con profesionais como Hernán Calvo ou Iago Álvarez. A zona de stands permaneceu ateigada de xente de todas as idades probando novos xogos e asistindo a mentorías.

A organización de ambos eventos pechan este ciclo coa vista posta no futuro e a enerxía necesaria para seguir medrando. A excelente acollida das propostas dixitais e a consolidación das novas narrativas deixan en Carballo a semente dun proxecto con proxección a longo prazo.