Política

Nova edición de 'Conversa': os retos e desafíos do municipalismo galego, a debate na SER

O Foro, organizado pola Cadena SER, centraráse na necesidade de establecer un novo reparto competencial e nun mellor financiamento

A Cadena SER organiza unha nova edición do foro 'Conversa' para analizar os retos e os desafíos do municipalismo galego. Cando se cumpren 30 anos da fusión das tres federacións de concellos galegos dentro da Fegamp, da Federación Galega de Municipios e Provincias, é un bó momento para analizar o estado de saúde das corporacións municipais en Galicia, e abordar os seus desafíos e retos de futuro.

O foro, que terá lugar o vindeiro mércores 29 de abril no hotel Puerta del Camino en Santiago, será inaugurado polo presidente da Fegamp, Alberto Varela. Unha conversa na que se afondará en asuntos como a necesidade dunha mellora no financiamento local, a definición competencial e a coordinación institucional.

A continuación, cos voceiros da Fegamp, Ángel Moldes, Secundino García e María Barral, alcaldes de Poio, San Sadurniño e Betanzos, abordaremos a situación actual que se vive nos concellos gallegos nunha mesa que leva por título "As alternativas plurais do municipalismo galego".

Coa directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, falaremos do reparto competencial e do financiamento local, no marco da nova lei de administración local de Galicia que impulsa a Xunta, e que está en pleno proceso de tramitación e debate.

Crítica situación financiera

Nun contexto no que as administracións locais asumen cada vez un maior número de competencias, entre reclamacións dun maior financiamento por parte da Xunta e do goberno central, a xornada contará cunha mesa de expertos para abordar a reforma necesaria do financiamento local.

Unha conversa que xirará en torno ó informe elaborado pola USC que aborda a necesaria mellora dos fondos que perciben as administracións locais, dende os tributos locais á participación dos ingresos do Estado e da Xunta e as normas de estabilidade. E cómo afrontara a prestación de servizos como o SAF que, en ocasións, deixan ós concellos en situacións moi precarias, ou a xestión da taxa turística como oportunidade.

Un foro que pechará un representante do goberno central.