Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

As esculturas de Soledad Penalta e Idoia Cuesta, que non chegaron a tempo para a Bienal por trámites administrativos, xa están na Illa das Esculturas

As obras escultóricas de pedra levan por nome “Mirando Inacabable” y “El peso de la memoria”, con significados similares

A Deputación de Pontevedra acaba de poñer o colofón á 32ª Bienal coa inauguración das obras “Mirando inacabable” de Soledad Penalta e “El peso de la memoria” de Idoia Cuesta. A institución provincial adquiriu estas obras de grandes dimensións para a súa instalación na Illa das Esculturas, como parte da edición coa que se recuperou a Bienal despois de 15 anos de ausencia, e que por cuestións técnicas non se puideron instalar ata agora.

O vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez, salientou na súa intervención que o acto de hoxe demostra que a Bienal non é un evento illado, senón un proxecto ambicioso para a cidade e para a provincia. “Creo que superamos con creces os obxectivos que nos marcáramos. O principal era recuperala e diso non hai dúbida porque xa estamos traballando na de 2027 e despois haberá que traballar na do 29 e na do 31. Pero había outros obxectivos e un dos definidos polo comisario desde o primeiro momento era recuperar esta Illa das Esculturas”. Pola súa banda, a directora do Museo, Ángeles Tilve, salientou que “a Bienal é un proxecto continuo, e estas esculturas funcionan como unha ponte entre a edición pasada e a que xa estamos preparando para 2027. A súa permanencia na Illa das Esculturas recórdanos que este é un proxecto que aspira a perdurar, que vai máis alá dun evento puntual”. Sobre as obras presentadas, Tilve valorou que “mentres a peza de Soledad Penalta nos mira desde arriba, desde un horizonte que a pedra trata de alcanzar sen conseguilo de todo; a de Idoia Cuesta báixanos á terra, ao corpo, ao peso concreto do que fomos. Xuntas, forman un arco: o que voa e o que arraiga”.

As esculturas hoxe inauguradas encádranse na temática ‘Volver a ser humanos. Ante a dor dos demais’, que marcou a 32ª edición da Bienal de Pontevedra, que a Deputación recuperou o verán pasado despois de 15 anos de ausencia. Están situadas na Illa das Esculturas, un proxecto de arte na paisaxe impulsado por Rosa Olivares e Antón Castro que se materializou en 1999 na illa do Covo, na cidade de Pontevedra. Natureza, arte e paisaxe fúndense nunha exposición permanente ao aire libre, na que figuran 12 esculturas de pedra de artistas de referencia a nivel internacional, entre eles Giovanni Anselmo, Dan Graham, Francisco Leiro e Richard Long, ás que agora se suman as de Penalta e Cuesta.

‘Mirando inacabable’, de Soledad Penalta, é unha escultura monumental que apunta ao infinito a través dunha sucesión de formas modulares en granito que remiten vagamente á xeometría de avións de combate. Reflicte o conflito contemporáneo ao mostrar a tensión e inseguridade da nosa época e a fraxilidade ante un futuro incerto. ‘El peso de la memoria’ é unha figura de pedra de máis de tres metros de altura que Idoia Cuesta pensou para a Illa das Esculturas. A súa forma lembra un corpo humano en tensión, coma se tentase avanzar, manterse erguido ou alzar a voz. Varias cordas de cor vermella, tecidas á man, envólveno por completo, inmobilizándoo. A obra constrúese desde unha relación directa co corpo e coa materia, e o xesto de trenzar, apertar ou suxeitar cárgase de sentido.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estás escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir