Esta semana, en "Hai nomes e nomes", coñecemos a orixe de Cacabelos, San Munio de Veiga e Bangueses de Abaixo
O noso colaborador, Vicente Feijóo, responde ás dúbidas de toponimia dos nosos oíntes

Unha semana máis, no Hoy por Hoy Ourense, percorremos a provincia a través dos nosos topónimos coa sección "Hai nomes e nomes", na que o responsable dos proxectos Galicia Nomeada e Toponimízate, e colaborador deste espazo, Vicente Feijóo, nos explica a orixe dos nomes dos lugares. Unha sección na que os nosos oíntes teñen un protagonismo especial xa que son eles os que nos envían as súas dúbidas sobre toponimia a través de WhatsApp ao 608 52 02 37.
Nesta ocasión, Vicente Feijóo tivo que dar resposta a tres peticións: Cacabelos, San Munio de Veiga e Bangueses de Abaixo.




