Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

A Xunta e o sector pactan o novo plan do polbo, o paro será de dous meses, un menos que na campaña anterior

O 1 de maio pechará a campaña 25/26 do polbo en Galicia con máis de 1.300 toneladas de polbo descargado nos portos, cun valor en lonxa superior aos catorce millóns e medio de euros

A Xunta e o sector pesqueiro acordaron o novo plan experimental para a xestión do polbo correspondente á campaña 2026-2027. A actual campaña rematará ás 23.59 horas do vindeiro 1 de maio e, desde ese momento, entrará en vigor unha veda biolóxica de dous meses que se prolongará ata o 1 de xullo, a tempada pasada o paro foi de 3 meses,

Durante ese período quedará prohibida a captura, transporte, almacenamento ou comercialización do polbo por calquera método. Ademais, as embarcacións que empregan nasa deberán retirar os aparellos do mar e levalos a porto. A medida busca favorecer a reprodución da especie e garantir a sustentabilidade do recurso.

Tras a peor campaña da historia, na tempada 24/25, O balance da campaña actual deixa cifras que a Consellería do Mar cualifica de positivas. Nos portos galegos descargáronse case 1.327 toneladas de polbo, cun valor en lonxa de 14,75 millóns de euros. Os datos melloran, a campaña anterior comercializáranse 1.116 toneladas por importe de 11,4 millóns de euros. Esta melloría confirma, segundo a administración autonómica, a eficacia das medidas de xestión aplicadas. Por ese mesmo motivo, distintas voces do sector reclamaron manter o paro de tres meses de duración, pero finalmente o acordo entre sector e Xunta foi de dous.

O novo plan introduce unha novidade destacada: a limitación da pesca accesoria por primeira vez. A medida pretende reforzar a protección do recurso e garantir que a actividade extractiva se manteña dentro dos criterios de sustentabilidade establecidos. A partir do 1 de xullo, cando arrinque a nova campaña, manterase o peso mínimo de captura en un quilo por peza e estableceranse cotas diferenciadas segundo a época do ano, cun máximo diario de 240 quilos por barco no verán e de 380 quilos diarios a partir de setembro.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estás escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir