Heriberto García sobre as expropiacións en Mallou: "Tranquilidade, esa cifra non é a cifra definitiva"
O director xeral do IGUS explica que as contías incluidas no estudo de viabilidade son provisionais
Heriberto García: "Tranquilidade, esa cifra non é a cifra definitiva"
Santiago de Compostela
"Esa cifra de tres euros e pico por metro cadrado está referenciada nun estudo de viabilidade económica que acompaña por imperativo legal a estes proxectos e baseados en datos estimativos globais que non responden á valoración individualizada de cada un dos bens", é a resposta do director xeral do IGUS preguntado sobre o malestar dos veciños de Mallou diante da expropiación dos seus terreos; "tranquilidade, esa cifra non é definitiva", engade, "esa cifra normalmente mellora".
Heriberto García lembra que non será ata finais de ano cando empece o procedemento de adquisición de solo, polo de agora abriuse un periodo de 15 días para as alegación ao PIA, o Proxecto de Interese Autonómico.
A Xunta quere transmitir tranquilidade neste momento no que a única reunión que mantiveron con respecto a este asunto foi cos oito propietarios das vivendas que se ubican nos 360.000 metros cadrados da superficie na que se prevé construir máis de 3.600 vivendas protexidas.
Con respecto á demanda de vivenda na nosa cidade, a cifra actualizada é de 1.785 demandantes cunha evolución de "crecemento significativo cada mes". Neste momento estanse a rematar 60 vivendas no Castiñeiriño, o resto de proxectos na cidade están aínda en fases máis temperás.