Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

A Deputación reclama á Xunta a gratuidade da AG-55 e un plan urxente para mellorar o estado da vía

O pleno provincial aprobou unha moción impulsada por PSOE e BNG para eliminar as peaxes da autovía entre A Coruña e Carballo e actuar nos problemas de seguridade viaria

A Deputación da Coruña aprobou no pleno ordinario de abril unha moción para reclamar á Xunta de Galicia a eliminación das peaxes da autovía AG-55, que conecta A Coruña e Carballo. A proposta saíu adiante cos votos favorables de PSOE, BNG e Alternativa dos Veciños, mentres que o Partido Popular optou pola abstención.

A iniciativa tamén esixe a posta en marcha dun plan de mantemento urxente para solucionar os problemas de seguridade viaria detectados na infraestrutura, especialmente os puntos con acumulacións de auga e o deterioro do firme. A institución provincial pide ademais que a Xunta aplique á AG-55 un modelo similar ao utilizado noutras vías autonómicas liberadas en 2024, como as autovías do Salnés, Barbanza, Ourense-Celanova e Santiago-Brión.

O portavoz socialista na Deputación, Bernardo Fernández, denunciou a “marxinación” que sofre a Costa da Morte ao seguir soportando o custo dunha infraestrutura que considera estratéxica para a conexión da comarca coa cidade da Coruña e co porto exterior de Punta Langosteira. Fernández criticou tamén o estado da vía, con “rebacheos” e balsas de auga en días de choiva, e lembrou o custo que supoñen as peaxes para os usuarios habituais.

Nueva APP de Cadena SER

Descubre la nueva app de Cadena SER Te ofrecemos una mejor experiencia de audio y video

Descargar

Desde o BNG, a portavoz Avia Veira definiu a AG-55 como unha “conexión vital” para unha comarca que considera esquecida pola Xunta. Veira criticou o estado da autovía e denunciou o impacto económico que as peaxes teñen para as familias da comarca.

Pola súa parte, o portavoz do PP, Evaristo Ben, explicou que o seu grupo presentou unha emenda para ampliar a petición de gratuidade ás autoestradas AP-9 e AP-53, aínda que a proposta non foi incorporada ao texto final. O portavoz de Alternativa dos Veciños, Ángel García Seoane, apelou á mobilización conxunta da comarca para reclamar a eliminación das peaxes da AG-55.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estás escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir