Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

ACB

  • El código iframe se ha copiado en el portapapeles

    00:00:0039:54

    Radio Lugo, audios extra

    Ser Deportivos Lugo (16/08/2018)

    Debullamos a actualidade do Lugo, escoitamos a Juan Carlos, aos compañeiros da SER de Málaga coa última hora dos branquiazuis e a Román Sánchez, coordinador da Federación de Peñas. Demos conta tamén da última hora do Cafés Candelas Breogán e falamos con Christian Díaz. Ademais, conversamos con Javi Ballesteros, dianteiro do Vilalbés, Covi Regueiro, capitana do Friol CD Lugo e con Pablo Gandoy resumimos a tempada do atletismo lucense

    16/08/2018 | 39:54

  • El código iframe se ha copiado en el portapapeles

    00:00:0039:49

    Radio Lugo, audios extra

    Ser Deportivos Lugo (14/08/2018)

    O Cafés Candelas Breogán asinou un acordo de patrocinio con Estrella Galicia. Escoitamos ao presidente, Suso Lázare, e ao responsable de patrocinios de Hijos de Rivera. Analizamos o equipo con Álex Ferrería. Escoitamos tamén a Jona falando da actualidade do Lugo, e a Javi Rey, un dos referentes do filial. Achegámonos a Chantada para coñecer os detalles da Subida a Chantada co presidente da escudería organizadora, Alfonso Viana, e conversamos co alcalde de Burela, Alfredo Llano, sobre o futuro pavillón da localidade

    14/08/2018 | 39:49

  • El código iframe se ha copiado en el portapapeles

    00:00:0039:55

    Radio Lugo, audios extra

    Ser Deportivos Lugo (13/08/2018)

    Demos conta do convenio de patrocinio entre o Breogán e Cafés Candelas. Repasamos a actualidade do CD Lugo tras a derrota ante a Ponferradina, a despedida de Raquel Asensio e o bo papel de Esther Castedo no Europeo U18. Tamén nos achegamos ao mundo do rugby, co presidente do Muralla RC, Iago Cobas, e coñecemos a Lucho, unha das fichaxes do Pescados Rubén Burela FS

    13/08/2018 | 39:55

  • El código iframe se ha copiado en el portapapeles

    00:00:0039:53

    Radio Lugo, audios extra

    Ser Deportivos Lugo (09/08/2018)

    Escoitamos a Javi López, Jona e Sergio Gil tras a derrota por 1-2 do CD Lugo ante o Deportivo, que analizamos con Rafa Porto. Achegámonos á actualidade do Cafés Candelas Breogán, coñecemos os preparativos do torneo Vila de Foz e Pedro Díaz, directivo do CD Castro, contounos a situación do club.

    09/08/2018 | 39:53

  • El código iframe se ha copiado en el portapapeles

    00:00:0039:53

    SER Deportivos Lugo

    Ser Deportivos Lugo (08/08/2018)

    Repasamos a actuación de Adrián Ben nos campionatos de Europa de Atletismo con Pablo Gandoy e conversamos co seu pai, Antonio Ben. Demos conta da última hora do Lugo - Dépor e repasamos as novidades dos coruñeses con Adrián Candal. Con Carlos Melchor analizamos ao Lugo. Repasamos tamén a actualidade do Cafés Candelas Breogán e a posible chegada de Aleksandar Cvetkovic. Analizamos o plantel con Diego Méndez. Conversamos con Iago Míguez, xogador do Burela FS, e con Alberto López, adestrador da SD Sarriana

    08/08/2018 | 39:53

  • El código iframe se ha copiado en el portapapeles

    00:00:0039:53

    SER Deportivos Lugo

    Ser Deportivos Lugo (07/08/2018)

    Escoitamos a última hora antes do Lugo - Dépor con Javi López, e o máis destacado da presentación de Lazo, ao que analizamos con Rafa Porto. Estivemos tamén con Geluco Villar falando das incorporacións do Friol CD Lugo. Con Fran Bonell analizamos a actualidade do Cafés Candelas Breogán. Conversamos tamén con Pablo Vivero, o histórico capitán do Rácing Vilalbés que vén de renovar co cadro chairego. Finalizamos o SER Deportivos escoitando aos tres técnicos mariñáns da Preferente: Rafa Casanova (Ribadeo FC), Gayol (CD Foz) e Chusky (Viveiro CF)

    07/08/2018 | 39:53

  • El código iframe se ha copiado en el portapapeles

    00:00:0039:55

    SER Deportivos Lugo

    Ser Deportivos Lugo (06/08/2018)

    Demos conta da chegada de Lazo ao CD Lugo, escoitamos a Aburjania e a San Emeterio na súa presentación. Emilio Viqueira falou sobre a situación do mercado para o Lugo e Francisco o pasado venres falou sobre a súa marcha do Córdoba. Conversamos tamén con Laura Carballal sobre a nutrición dos futbolistas do Lugo e con Jacobo Gómez, directivo do Lugosala e do Sagrado Corazón sobre o campus que organizan a comezos de setembro. Con Carlos Méndez, Negrín, falamos sobre a aposta da Federación Galega de Fútbol polo fútbol femenino de base e achegámonos á Mariña para coñecer a fichaxe de renome do Xove FS con Javier Pardeiro

    06/08/2018 | 39:55

  • El código iframe se ha copiado en el portapapeles

    00:00:0039:57

    SER Deportivos Lugo

    Ser Deportivos Lugo (03/08/2018)

    Escoitamos a Aburjania, a nova fichaxe do Lugo, repasamos a última hora do equipo, e vimos o que lle deparou o sorteo do calendario da Liga ACB ao Cafés Candelas Breogán con Quique Fraga, o director deportivo celeste. Falamos tamén do Emevé feminino de voleibol co seu adestrador, Jose Valle, e achegámonos á Mariña para coñecer os detalles da carreira popular de Benquerencia deste sábado

    03/08/2018 | 39:57

  • El código iframe se ha copiado en el portapapeles

    00:00:0039:53

    SER Deportivos Lugo

    Ser Deportivos Lugo (02/08/2018)

    Repasamos o último partido do Lugo ante o Oviedo en Xove, saldado con victoria por 2-1 para os lucenses, e escoitamos a valoración de Javi López. Analizamos as fichaxes de Aburjania e San Emeterio con Rafa Porto. Con Suso Yvanka debullamos a actualidade do Cafés Candelas Breogán. Falamos tamén con Juan Peón sobre a pretempada do Rácing Vilalbés, con Gabriel Cortón sobre os cursos arbitrais da Federación Galega de Fútbol en Lugo, e achegámonos á Mariña para saber algo dos 3x3 que se disputarán na fin de semana pola comarca

    02/08/2018 | 39:53

  • El código iframe se ha copiado en el portapapeles

    00:00:0039:42

    SER Deportivos Lugo

    Ser Deportivos Lugo (01/08/2018)

    Escoitamos a última hora do Lugo - Oviedo, conversamos con Juan Muñiz e tamén con Jose Durán, o adestrador do filial albivermello. O Breogán anunciou a contratación de Redivo e con Alberte López, membro de Nove Ondas, repasamos a actualidade celeste. Achegámonos a Burela para coñecer a última hora do Pescados Rubén con Juanma Marrube, o seu adestrador, e falamos con Esteban Vila, subcampión galego dos 10.000 metros en ruta

    02/08/2018 | 39:42

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estás escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir