CB breogán
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0040:13SER Deportivos Lugo
Ser Deportivos Lugo (10/10/2017)
Escoitamos ao adestrador do Prat, Arturo Álvarez, na previa do encontro ante o Cafés Candelas Breogán, Paco Basanta analizou o comunicado dos clubs LEB defendendo os dous ascensos a ACB. Escoitamos tamén a Juan Carlos, o porteiro do CD Lugo, a Cordido analizando a xornada da Liga 1,2,3, e a Edu na previa do derbi de fútbol sala entre Burela e Santiago. Tamén Fani analizou a última xornada do Friol feminino e achegámonos ao mundo dos bolos con Ginés Rodríguez
10/10/2017 | 40:13
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0039:52SER Deportivos Lugo
Ser Deportivos Lugo (9/10/2017)
Escoitamos aos protagonistas do Granada 2-0 Lugo e analizamos o partido con Rafa Porto. Tamén Natxo Lezkano valorou na previa do Cafés Candelas Breogán - Prat ao rival celeste, que analizou polo miudo Paco Basanta. Regina Gómez deunos as chaves da derrota do Ensino ante o Celta e Luisma da victoria do Burela ante o Bisontes Castellón. Escoitamos tamén a todos os adestradores dos equipos lucenses de Terceira división e Preferente tras a última xornada
09/10/2017 | 39:52
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0040:05SER Deportivos Lugo
Ser deportivos Lugo (6/10/2017)
Escoitamos a Francisco, Victor Díaz e Oltra na previa do Granada - Lugo e Rafa Porto analizounos o que pode ser o partido. Ademáis, escoitamos a conversa de Paco Basanta con Sergi Quintela, entrevistamos a Fernando Buendía na previa do Celta - Ensino e debullamos a fin de semana importante para o Burela FS, con compromisos de entidade para os dous equipos. Tamén repasamos a xornada en Terceira e Preferente, onde teremos dous derbis (Ribadeo - Polvorín e Viveiro - Residencia) e con Pablo Rivera debullamos a información deportiva de servizo
06/10/2017 | 40:05
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0039:54SER Deportivos Lugo
Ser Deportivos Lugo (4/10/2017)
Escoitamos a Bernardo Cruz na previa do Granada - Lugo, Salva Arco falounos do novo Cafés Candelas Breogán e o arranque da tempada e tamén analizamos o pistoletazo de saída do rugby galego, onde compite o Muralla masculino e feminino. Tamén nos achegamos ao mundo do ciclismo para coñecer un pouco máis do Gran Premio San Froilán e da actualidade do Cidade de Lugo e fomos a Xove saber as chaves da derrota do Xove FS ante o Albense na Segunda B de fútbol sala. Estreamos tamén a sección de atletismo, Correr en Lugo, con Pablo Gandoy, falando do atletismo de competición e Cristina Azanza repasando o mundo runner. Pechamos o programa sabendo un pouco máis da actividade de Aspnais e do seu traballo de integración de persoas con discapacidade intelectual a través do deporte.
04/10/2017 | 39:54

00:00:0039:51SER Deportivos Lugo
Ser Deportivos Lugo (3/10/2017)
Debullamos a última hora do CD Lugo e Manuel Cordido analizounos a xornada na Liga 1,2,3. Ademáis, repasamos as úlimas novidades do Cafés Candelas Breogán e conversamos con Geluco Villar, adestrador do Friol feminino sobre a derrota das súas ante o Rácing de Santander. Tamén estivemos coa xente do Balonmán Lucus e do Balonmán Viveiro falando da actualidade semanal dos dous equipos. Ademáis, conversamos con Alicia Villegas sobre o gran arranque do Ensino na Liga Feminina 2 de baloncesto e Daniel Rodríguez tróuxonos a actualidade da Billarda na nosa sección de deporte tradicional
03/10/2017 | 39:51
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0039:58SER Deportivos Lugo
Ser Deportivos Lugo (2/10/2017)
Analizamos a victoria do CD Lugo por 1-0 ante o Tenerife escoitando a Francisco, Martí, Campillo e Fede Vico e cos comentarios de Rafa Porto. Paco Basanta debullou o triunfo do Cafés Candelas Breogán por 83-71 ante o Río Ourense no comezo da LEB Oro, onde tamén escoitamos a Natxo Lezkano e Gonzalo García de Vitoria. Estivemos tamén cos protagonistas da Terceira e da Preferente nos partidos dos conxuntos lucenses e con Julio Delgado (Burela Feminino), Juanma Marrube (Burela Masculino) e Manolo Vázquez (Prone) repasamos os resultados do fútbol sala da fin de semana.
02/10/2017 | 39:58
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0039:46SER Deportivos Lugo
Ser Deportivos Lugo (29/9/2017)
Escoitamos a Francisco, Iriome e Martí na previa do Lugo - Tenerife. Conversamos con Gonzalo García de Vitoria, adestrador do COB, rival do Cafés Candelas Breogán este sábado. Ademáis, Paco Basanta analizou aos favoritos da LEB Oro e repasamos todas as previas do fútbol de Terceira e Preferente. Pablo Rivera tamén nos achegou a información de servizo relativa ao noso deporte.
29/09/2017 | 39:46
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0039:55SER Deportivos Lugo
Ser Deportivos Lugo (28/9/2017)
Escoitamos a Natxo Lezkano falando na previa do Cafés Candelas Breogán - Río Ourense. Paco Basanta analizou os equipos descoñecidos na LEB Oro. Escoitamos a Luís Ruíz, do CD Lugo, antes de enfrontarse o domingo ao Tenerife. Fernando Buendía analizou a pretempada e como chega o Ensino ao primeiro compromiso de Liga, debullamos a victoria do Burela feminino na copa ante o Valdetires con Judith, Ana Vázquez desgranou o proxecto de equipo feminino Ribadeo-Pontenova e Marcos Basadre falounos do partido benéfico a favor de ASPNAIS o vindeiro 7 de outubro no Anxo Carro
28/09/2017 | 39:55
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0039:49SER Deportivos Lugo
Ser Deportivos Lugo (27/9/2017)
Escoitamos a Úriz e a Cristian Díaz na súa presentación aos medios como xogadores do Cafés Candelas Breogán, a Suso Lázare sobre o acordo da ACB para reducir os ascensos de LEB e Paco Basanta analizounos as posibles revelacións da liga. Tamén repasamos a actualidade do Club Deportivo Lugo, conversamos con Javier Pardeiro, adestrador do Xove FS, con Aroa Freije, a campioa do mundo junior de triathle, con Manolo García, adestrador do San Roque, o equipo revelación da liga, con Kevin Arias, o crack da xornada cos seus catro goles no Becerreá - Palas de Segunda Autonómica e escoitamos a Geluco Villare e a Paco Rivera falando da dimisión do adestrador do Friol feminino.
27/09/2017 | 39:49