Burela FS
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0039:54SER Deportivos Lugo
Ser Deportivos Lugo (29/01/2018)
Escoitamos aos protagonistas do Cádiz - Lugo e analizamos o partido con Rafa Porto. Lezkano e Comenge valoraron a victoria do Cafés Candelas Breogán sobre o Lleida, que analizamos con Paco Basanta. Tamén escoitamos o que nos deparou a fin de semana no fútbol sala, con victoria do Burela FS e derrota do Prone, e resumimos todo o fútbol de Terceira e Preferente
29/01/2018 | 39:54
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0040:02SER Deportivos Lugo
Ser Deportivos Lugo (26/01/2018)
Detallamos a última hora do CD Lugo antes da súa visita a Cádiz e analizamos ao rival con Rafa Porto. Tamén escoitamos a Natxo Lezkano na previa do partido do Cafés Candelas Breogán ante o Lleida, que analizamos con Paco Basanta. Demos contra da última hora de Burela e Prone no fútbol sala, dos equipos do Emevé no voleibol e repasamos o que nos agarda na fin de semana para os representantes lucenses en Terceira División e Preferente.
26/01/2018 | 40:02
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0039:53SER Deportivos Lugo
Ser Deportivos Lugo (18/01/2018)
Fede Vico probablemente non renove no Lugo, segundo Víctor Moreno, que presentou hoxe a Jaime Romero. Tamén escoitamoa a Paco Basanta analizando a paralización das negociacións ACB-ABP para renovar o convenio colectivo de xogadores profesionais de baloncesto, a Paco García na previa do Cafés Candelas Breogán - Valladolid, a última hora do Burela feminino, do Ensino, do Muralla Rugby, do Ucoga Chantada e do Leyma Estudiantes
18/01/2018 | 39:53
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0039:55SER Deportivos Lugo
Ser Deportivos Lugo (15/1/2018)
Falamos con Diego Taboada, adestrador do Emevé, o equipo campión da Copa Príncipe de Voleibol 2018. Escoitamos a Francisco, Herrera e Pita, na victoria do Lugo en Reus, que valoramos con Rafa Porto. Tamén escoitamos a Lezkano na derrota do Cafés Candelas Breogán en Ourense, analizada por Paco Basanta. Repasamos os resultados do fútbol sala con Julio Delgado, Juanma Marrube e Manolo Vázquez e os marcadores da Terceira e Preferente con representación lucense
15/01/2018 | 39:55
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0039:56SER Deportivos Lugo
Ser Deportivos Lugo (12/01/2018)
Última hora do Lugo, coa posible incorporación de Jesús Alfaro, a convocatoria ante o Reus e o análise do rival por parte de Rafa Porto. Ademais, escoitamos a Natxo Lezkano na previa do COB - Cafés Candelas Breogán, a Paco Basanta analizando aos afiadores e a Suso Lázare dando todos os detalles sobre a Copa Princesa. Tamén escoitamos a Claudia Calvelo, nova incorporación do Ensino, e a Manuel Durán e Juan Nécega, presidente e adestrador do equipo lucense. Repasamos a xornada do fútbol lucense de Terceira e Preferente
12/01/2018 | 39:56
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0039:57SER Deportivos Lugo
Ser Deportivos Lugo (11/01/2018)
Escoitamos a Víctor Moreno coa última hora das fichaxes do Lugo e a Álvaro Lemos, que foi presentado hoxe cos albivermellos. Ademais, falamos con Gonzalo García de Vitoria sobre o partido do Cafés Candelas Breogán ante o seu equipo, o COB, e estivemos con Julio Delgado e a última hora do Burela feminino. Os adestradores do Emevé, Diego Taboada e Jose Valle, tamén nos deron as últimas novas dos equipos antes da copa Príncipe os rapaces e unha nova xornada de liga as rapazas. Rematamos falando de rallyes con Pedro Burgo e Adrián Díaz
11/01/2018 | 39:57
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0039:56SER Deportivos Lugo
Ser Deportivos Lugo (02/01/2018)
Analizamos as contas do Lugo logo da xunta de accionistas con Denis Iglesias, pequeno accionista e un dos responsables de Lugoslavia. Tamén conversamos con Javi Rodríguez, o exxogador do Cafés Candelas Breogán e 2º adestrador do Oviedo. Héctor Albadalejo comentounos os motivos que o fixeron recalar no Burela FS e analizamos o Campionato Galego de Natación en piscina curta cos adestradores do Portamiñá e do Fluvial. Tamén coñecemos como foi o partido solidario de fútbol femenino entre o Friol e a Selección Galega e soubemos algo máis do equipo da Milagrosa B feminino.
02/01/2018 | 39:56
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0039:57SER Deportivos Lugo
Ser Deportivos Lugo (26/12/2017)
Escoitamos a Rafa Porto e a Manuel Cordido analizando a derrota do Lugo ante o Rayo Vallecano e a Liga 1,2,3, e a Paco Basanta falando da victoria do Cafés Candelas Breogán ante o Iraurgi SB. Tamén estivemos con Jose Durán analizando o empate do Lugo B sen goles ante o Boimorto e cos adestradores dos tres equipos lucenses de fútbol sala de elite tras a xornada da fin de semana. Rematamos o programa falando con Geluco Villar sobre o partido benéfico do próximo día 30 en Friol entre o Friol feminino e a Selección Galega Sub 18.
26/12/2017 | 39:57
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0039:55SER Deportivos Lugo
Ser Deportivos Lugo (15/12/2017)
Escoitamos a Tino Saqués falando de renovacións, o Cerceda, fichaxes e a marcha do equipo. Rafa Porto analizou ao Huesca, o próximo rival do CD Lugo. Tamén debullamos a rolda de prensa de Lezkano previa ao Cafés Candelas Breogán - Clavijo, que analizamos con Paco Basanta. Ademais, estivemos coas previas do fútbol sala da fin de semana e Pablo Rivera detallounos todas as novas deportivas de servizo que deixa a semana en Lugo
15/12/2017 | 39:55
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0039:52SER Deportivos Lugo
Ser Deportivos Lugo (15/12/2017)
Escoitamos a Francisco na previa do SD Huesca - CD Lugo, ao Cucho Hernández, e a Jenaro Díaz, adestrador do Clavijo, antes do partido que os enfronta o sábado ao Cafés Candelas Breogán. Tamén analizamos os choques da fin de semana do Ensino e o Burela FS feminino con Juan Nécega e Julio Delgado, e a evolución dos nosos representantes da EBA, o Chantada e o Estudiantes, cos seus adestradores, Alberto Fafián e Gustavo Soares. Rematamos falando de rugby, cunha nova edición da concentración de rugby base de Lugo.
15/12/2017 | 39:52




