Burela FS
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0039:53SER Deportivos Lugo
Ser Deportivos Lugo (05/06/2018)
Falamos da marcha de Francisco do CD Lugo, oficializada este mediodía. Repasamos os posibles nomes para a dirección deportiva e con Manuel Cordido analizamos a clasificación e a tempada na Liga 1,2,3. Demos conta con Paco Basanta da última hora do Cafés Candelas Breogán. Conversamos con Cilene, mellor xogadora do Burela femenino e con Paco Ruíz, o presidente do Vilalbés, falamos da viaxe que prepara o club chairego esta fin de semana a Valencia ao partido ante o Atlético Levante. Co presidente do CB Sarria, Paco García, repasamos a tempada do club
05/06/2018 | 39:53
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0039:47SER Deportivos Lugo
Ser Deportivos Lugo (04/06/2018)
Escoitamos a Tino Saqués, presidente do Lugo e a Víctor Moreno, na súa despedida como director deportivo da entidade albivermella. Tamén analizamos con Rafa Porto a situación. Con Óscar Gilsanz conversamos sobre o empate do Vilalbés co Atlético Levante e demos conta da última hora do Burela Fútbol Sala, tanto feminino como masculino. Con Manuel Durán repasamos a actualidade do Durán Maquinaria Ensino
04/06/2018 | 39:47
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0039:50SER Deportivos Lugo
Ser Deportivos Lugo (01/06/2018)
Escoitamos a despedida de Roberto Fernández, que colga as lubas no CD Lugo tras 25 anos de fútbol e 400 partidos como profesional e a Rafa Porto analizando o partido ante o Almería. Ademais, con Óscar Gilsanz falamos do Vilalbés - Levante B da fase de ascenso á Segunda B e con Julio Delgado do Pescados Rubén Burela - Alcorcón da última xornada da Liga Femenina de Fútbol Sala. Conversamos coa judoka Sara Álvarez e coa presidenta do Ensino, Bibi Bouza. Con Pablo Rivera repasamos as citas deportivas da fin de semana
01/06/2018 | 39:50
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0025:03SER Deportivos Lugo
Ser Deportivos Lugo (31/05/2018)
Escoitamos toda a actualidade previa ao Lugo - Almería, ao presidente do Rácing Vilalbés, Francisco Ruíz, e a Dany, xogadora do Pescados Rubén Burela feminino
31/05/2018 | 25:03
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0039:58SER Deportivos Lugo
Ser Deportivos Lugo (28/05/2018)
Escoitamos a Francisco, Roberto e Carmona, protagonistas na derrota do Lugo en Vallecas ante o Rayo, que analizamos con Rafa Porto. Estivemos tamén con Óscar Gilsanz, tras a clasificación do Rácing Vilalbés para a segunda rolda do play-off polo ascenso a Segunda B e con Julio Delgado despois da victoria do Burela feminino na pista do Gualdacacín. Con Xaime González repasamos os números que lle valen ao Viveiro para salvarse na Preferente e con Jesús Melendo o exitazo do Antas feminino, que ascendeu a Primeira Autonómica onte.
28/05/2018 | 39:58
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0039:57SER Deportivos Lugo
Ser Deportivos Lugo (24/05/2018)
Escoitamos a Román Sánchez, o cordinador da Federación de Peñas do Lugo, recén constituida, e a Carlos Pita falando do partido ante o Rayo Vallecano. Ademais, Julio Delgado analizou a actualidade do Burela feminino antes da penúltima xornada de liga, e con Iago Cobas falamos do partido de rugby veterano do próximo sábado en Lugo. Con Mario Saavedra repasamos a actualidade do mundo dos bolos celtas
24/05/2018 | 39:57
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0012:55SER Deportivos Lugo
Correr en Lugo (23/05/2018)
Repasamos con Pablo Gandoy os resultados do Memorial Pérez Rivera, do provincial escolar de pista ao aire libre e avanzamos a nómina de lucenses que participarán no campionato galego SUB16 e SUB18 da próxima fin de semana. Con Cristina Azanza aprendemos trucos e todos os consellos para correr cando fai calor
23/05/2018 | 12:55
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0039:57SER Deportivos Lugo
Ser Deportivos Lugo (23/05/2018)
Escoitamos a última hora do Rayo - Lugo, e con Millán Gómez analizamos os nomes propios da Liga 1,2,3. Con Paco Basanta repasamos a actualidade do Cafés Candelas Breogán e do Durán Maquinaria Ensino. Charlamos con Diego Villares (Rácing Vilalbés) do partido do domingo ante o Pulpileño, repasamos con Luismi, o máximo goleador do Burela, cómo están a dixerir a eliminación do play-off de ascenso á LNFS. Con Pablo Gandoy e Cristina Azanza repasamos a actualidade do atletismo e demos consellos para correr baixo a calor
23/05/2018 | 39:57
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0039:55SER Deportivos Lugo
Ser Deportivos Lugo (21/05/2018)
Escoitamos a Óscar Gilsanz tras o partido entre o Vilalbés e o Pulpileño da fase de ascenso a Segunda B. Analizamos as chaves do ascenso a Terceira División do Polvorín con Jose Durán e repasamos a última hora do partido do Lugo ante o Huesca desta tarde escoitando a Francisco e a análise de Rafa Porto e o noso compañeiro de Radio Huesca, Luís Abadía. Tamén analizamos a derrota do Pescados Rubén Burela masculino con Juanma Marrube e a victoria do conxunto feminino co seu preparador, Julio Delgado. Finalizamos repasando dúas citas da vindeira fin de semana: A Copa Deputación de Baloncesto Base e Memorial Cristina Seijo e o Descenso do Miño de Piragüismo
21/05/2018 | 39:55
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0040:11SER Deportivos Lugo
Ser Deportivos Lugo (16/05/2018)
Demos conta da última hora do CD Lugo antes de medirse o luns ao Huesca. Con Millán Gómez analizamos os nomes propios da Liga 1,2,3. Coñecemos como prepara o Betis o partido decisivo do venres ante o Burela e achegámonos á actualidade do Xove FS. Conversamos tamén con Pablo Gandoy sobre as citas atléticas da pasada fin de semana e do que nos agarda na próxima. Coñecemos a historia de María Expósito: comezou a correr para reporse dun embarazo de risco, e agora nun mes fixo dúas medias maratóns. Con Cris Azanza repasamos todo o que debes saber para a próxima proba do Corre con Nós no entorno do Pazo de Feiras
16/05/2018 | 40:11




