Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

CD Lugo

  • El código iframe se ha copiado en el portapapeles

    00:00:0039:52

    SER Deportivos Lugo

    Ser Deportivos Lugo (02/03/2018)

    Debullamos o proxecto de Academia do Club Deportivo Lugo, que prevé construír dous campos en San Fiz en terreos municipais, escoitamos a Francisco na previa do partido contra o Granada e Rafa Porto analizou ao rival. Tamén escoitamos a Cebular, a nova fichaxe do Cafés Candelas Breogán, ao presidente Suso Lázare, a Natxo Lezkano na previa do partido co Palencia e a Paco Basanta analizando aos palentinos. Estivemos na última hora do Burela FS e do Prone cos adestradores, Juanma Marrube e Manolo Vázquez, e con Juan Nécega analizamos a última fichaxe do Ensino e o partido ante o Ibaizabal, o líder da Liga Femenina 2

    02/03/2018 | 39:52

  • El código iframe se ha copiado en el portapapeles

    00:00:0039:57

    SER Deportivos Lugo

    Ser Deportivos Lugo (01/03/2018)

    Escoitamos a última hora do CD Lugo e a comparecencia de prensa de Jaime Romero. Pasou Salva Arco (Cafés Candelas Bregoán) polo SER Deportivos para falar de baloncesto e do reto 100x100 MEF2C. Ademais coñecemos a actualidade do Burela FS feminino antes de recibir ao Atlético de Madrid con Julio Delgado, o seu adestrador, e desprazámonos a Ribadeo para coñecer algo máis dunha bonita iniciativa arredor do Rugby base no concello

    01/03/2018 | 39:57

  • El código iframe se ha copiado en el portapapeles

    00:00:0039:51

    SER Deportivos Lugo

    Ser Deportivos Lugo (28/02/2018)

    Analizamos con Paco Basanta a fichaxe de Sandi Cebular polo Cafés Candelas Breogán. Escoitamos a Roberto Fernández, o meta do Lugo, e a Millán Gómez cos nomes propios da Liga 1,2,3. Repasamos tamén a actualidade dos equipos lucenses de balonmán, os resultados atléticos con Pablo Gandoy, o droop das zapatillas con Cris Azanza e falamos do campionato galego de natación infantil e xuvenil

    28/02/2018 | 39:51

  • El código iframe se ha copiado en el portapapeles

    00:00:0039:38

    SER Deportivos Lugo

    Ser Deportivos Lugo (27/02/2018)

    Escoitamos a Francisco, Pita e Albarracín tras a derrota do Lugo en Tenerife, que analizamos con Rafa Porto. Con Manuel Cordido repasamos os números da Liga 1,2,3. Conversamos tamén con Christian Díaz, o base do Cafés Candelas Breogán. Repasamos con Geluco Villar (Friol) e Arantxa (Ribadeo-Pontenova) a actualidade do fútbol feminino, e con Javier Pardeiro, a derrota do Xove FS co Guardo.

    28/02/2018 | 39:38

  • El código iframe se ha copiado en el portapapeles

    00:00:0039:54

    SER Deportivos Lugo

    Ser Deportivos Lugo (26/02/2018)

    Escoitamos a última hora do Tenerife - Lugo adiado de onte con Manoj Daswani, de Radio Club Tenerife, e con Pablo González, o xefe de prensa do CD Lugo. Ademais, escoitamos a Toni Ten e a Natxo Lezkano tras a victoria do Cafés Candelas Breogán en Castellón, que analizamos con Paco Basanta. Estivemos con Arantxa Novo, que volveu a vestir a camiseta do Ensino, e nas derrotas de Prone e Burela no fútbol sala. Tamén repasamos a fin de semana dos equipos lucenses de Terceira e Preferente

    26/02/2018 | 39:54

  • El código iframe se ha copiado en el portapapeles

    00:00:0039:55

    SER Deportivos Lugo

    Ser Deportivos Lugo (22/02/2018)

    Escoitamos a Natxo Lezkano e a Toni Ten na previa do Tau Castellò - Cafés Candelas Breogán da LEB Oro. Iriome González compareceu antes do Tenerife - CD Lugo. Manuel Blanco Fanego, presidente do Pescados Rubén Burela, falounos da actualidade do club. Conversamos con Alberto Fafián (Ucoga Chantada), Gustavo Soares (Estudiantes Leyma) e Iago Cobas, presidente do Muralla de rugby

    22/02/2018 | 39:55

  • El código iframe se ha copiado en el portapapeles

    00:00:0039:52

    SER Deportivos Lugo

    Ser Deportivos Lugo (21/02/2018)

    Escoitamos a Lemos falando da súa aclimatación ao CD Lugo e do seguinte encontro ante o CD Tenerife. Paco Basanta conversou co xogador do Cafés Candelas Breogán Leo Demetrio. Falamos con Jose Valle, do Emevé feminino, cos adestradores do Balonmán Lucus e do Galipizza Viveiro e Javi Ferreiro detallounos as convocatorias das seleccións galegas SUB16 e SUB18, con catro lucenses. Ademais Pablo Gandoy resumiunos a actuación dos lucenses no Campeonato de España de Atletismo en Pista Cubierta en Valencia, e Cris Azanza falounos da amortiguación das zapatillas de running

    21/02/2018 | 39:52

  • El código iframe se ha copiado en el portapapeles

    00:00:0039:56

    SER Deportivos Lugo

    Ser Deportivos Lugo (20/02/2018)

    Manuel Cordido analizou os números da última xornada na Liga 1,2,3. Conversamos con Sergi Quintela sobre a actualidade do Cafés Candelas Breogán. Álex Llorca detallounos cómo vai ser a terceira edición do seu campus e Raquel Asensio analizou a última victoria do Ensino e todo o que lle vén por diante. Ademais, o adestrador do Xove FS, Javier Pardeiro, debullou o que foi o último encontro e o próximo do seu equipo. Con Geluco Villar (Friol) e Nuria (Antas), analizamos a actualidade do fútbol feminino lucense

    20/02/2018 | 39:56

  • El código iframe se ha copiado en el portapapeles

    00:00:0039:56

    SER Deportivos Lugo

    Ser Deportivos Lugo (19/02/2018)

    Conversamos con Saleta Fernández, campiona de España de salto de altura en pista cuberta. Escoitamos a Francisco, Gerard López e Seoane e analizamos con Rafa Porto a derrota do Lugo por 1-2 co Barcelona B. Tamén oimos as palabras de Lezkano e Alcoba e debullamos o encontro entre Cafés Candelas Breogán e Melilla con Paco Basanta. Repasamos os resultados do fútbol sala e os dos equipos lucenses de Terceira División e Preferente Norte

    19/02/2018 | 39:56

  • El código iframe se ha copiado en el portapapeles

    00:00:0039:53

    SER Deportivos Lugo

    Ser Deportivos Lugo (16/02/2018)

    Escoitamos a Lezkano e a Paco Basanta analizando o partido do Cafés Candelas Breogán ante o Melilla Baloncesto e a Francisco, Rafa Porto e Javier Folgueira (Brigadas Lucenses) na previa do encontro do Lugo ante o FC Barcelona B. Ademais estivemos tamén con Juanma Marrube dende Barcelona antes do partido deste sábado do Burela FS ante o filial blaugrana e con Manolo Vázquez na previa do partido do Prone co Mengibar. Repasamos tamén todos os encontros de Terceira e Preferente con representantes lucenses

    16/02/2018 | 39:53

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir