CV Emevé
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0039:16SER Deportivos Lugo
Ser Deportivos Lugo (23/11/2017)
Escoitamos a Iriome na previa do Lugo - Osasuna e a Alfred Julbe, técnico do Barcelona B, próximo rival do Cafés Candelas Breogán. Tamén escoitamos a Juan Nécega e a Raquel Asensio falando da última victoria do Ensino e o próximo encontro ante o Avilés, e a Alberto Fafián e Gustavo Soares, adestradores do Ucoga Chantada e Leyma Estudiantes, sobre a competición recente dos seus equipos na EBA. Ademais, falamos con Julio Delgado do próximo encontro do Burela FS feminino e con Bibi Bouza das últimas victorias do Emevé e da solicitude para a organización das copas Príncipe e Princesa. Iago Cobas detallounos as últimas novidades do Muralla Rugby e Jesús Castro explicounos todo o necesario para participar na carreira solidaria da USC do próximo domingo.
23/11/2017 | 39:16
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0039:47SER Deportivos Lugo
Ser Deportivos Lugo (16/11/2017)
Escoitamos a Francisco e a Dorronsoro, na previa do Lorca - Lugo, a Millán Gómez analizándonos os nomes propios da Liga 1,2,3 da última xornada e a Aleix Durán, adestrador do ICL Manresa, na previa do Cafés Candelas Breogán - Manresa. Tamén estivemos con Julio Delgado, na previa do Poio - Burela de fútbol sala feminino. E Juan Villar, o director deportivo do Emevé, analizounos os últimos resultados e os próximos partidos do club. Ademáis, repasamos a xornada do balonmán.
16/11/2017 | 39:47
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0039:45SER Deportivos Lugo
Ser Deportivos Lugo (9/11/2017)
Escoitamos a Campabadal na previa do Lugo - Numancia, coñecemos a última hora do Cafés Candelas Breogán antes de medirse ao Palencia e conversamos con Joaquín Prado, adestrador dos castelán leoneses. Ademáis, Juan Villar tróuxonos toda a actualidade do Emevé, Juanma Marrube deunos a última hora do Burela Fútbol Sala antes do partido deste venres en Antequera, e Gustavo Soares e Alberto Fafián comentáronnos como lles van as cousas na EBA ao Leyma Estudiantes e ao Ucoga Chantada. Rematamos o Ser Deportivos Lugo conversando con Alberto Piñeiro 'O Piña' sobre a súa retirada do boxeo.
09/11/2017 | 39:45
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0039:48SER Deportivos Lugo
Ser Deportivos Lugo (26/10/2017)
Escoitamos a Lezkano, Alcoba e Mamadou Samb na previa do Melilla - Cafés Candelas Breogán e a Iriome, o xogador do mes de setembro no CD Lugo. Ademáis, estivemos con Adrián Díaz, na previa do Rallye San Froilán, con Juan Villar, director deportivo do Emevé, Fernando Buendía, o adestrador do Ensino e Iago Cobas, presidente do Muralla, analizando a actualidade do rugby. Ademáis, Alfonso Villares, alcalde de Cervo, falounos da iniciativa do concello de crear un álbum de cromos con todos os deportistas do municipio.
26/10/2017 | 39:48
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0039:48SER Deportivos Lugo
Ser Deportivos Lugo (19/10/2017)
Escoitamos a Ramón Azeez falar do Valladolid - Lugo e José Luís Rují tróuxonos toda a actualidade do cadro castelán leonés. Ademáis, Paco Basanta conversou con Ricardo Úriz, estivemos con Alberto Fafián, adestrador do Ucoga Chantada de Liga EBA, Iago Cobas, presidente do Muralla Rugby, falounos da actualidade do rugby e Bibi Bouza, presidenta do Emevé deunos as chavés do porqué do gran comezo de tempada dos equipos masculino e feminino. Jose Rodríguez tróuxonos a última hora do Burela FS feminino conversando con Jozi, e con Luís del Río analizou a situación do Viveiro CF, que segue buscando adestrador.
19/10/2017 | 39:48
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0039:57SER Deportivos Lugo
Ser Deportivos Lugo (26/9/2017)
Escoitamos aos protagonistas da victoria do CD Lugo no Miniestadi ante o Barcelona B e analizamos o encontro con Rafa Porto. Paco Basanta trouxo as últimas novidades do culebrón FEB-CSD-ACB para reducir os ascensos de LEB Ouro a 1 xa nesta campaña e coñecemos cales foron os problemas do Friol Feminino para caer na Reigosa ante o Sárdoma a pasada fin de semana. Achegámonos tamén ao mundo da Billarda coa xente de O Varal, e Jose Valle, adestrador do Emevé feminino, falounos do gran arranque de campionato das súas
26/09/2017 | 39:57
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0029:44SER Deportivos Lugo
Ser Deportivos Lugo (22/9/2017)
Analizamos a derrota do Lugo en Zaragoza na Copa del Rey con Rafa Porto, repasamos toda a xornada en Terceira e Preferente, o polideportivo, co debut do Emevé feminino e os encontros de Burela feminino, masculino e o Prone e estivemos con Gabriel Cortón, delegado arbitral en Lugo, que nos detallou o acontecido no Catro Roldas - Muimenta, no que un colexiado foi agredido. Pablo Rivera aclarounos as axudas da Deputación aos clubs de primeiro nivel e tamén repasou os investimentos do ente provincial en infraestruturas deportivas.
22/09/2017 | 29:44
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0030:14SER Deportivos Lugo
Ser Deportivos Lugo (8/9/2017)
Analizamos a previa do Albacete - Lugo coas declaracións de Francisco, Bernardo Cruz e a opinión de Rafa Porto. Repasamos a xornada da próxima fin de semana en Terceira e Preferente e escoitamos ás novas fichaxes de Ensino e Emevé, Alicia Villegas e Víctor Bouza. Con Pablo Rivera repasamos toda a actividade deportiva da fin de semana e os servizos relacionados co deporte que oferta a Deputación de Lugo
08/09/2017 | 30:14




