Deportes tradicionales
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0039:59SER Deportivos Lugo
Ser Deportivos Lugo (17/4/2018)
Escoitamos a Emir Sulejmanovic despedirse do Cafés Candelas Breogán e a Manuel Cordido analizar os números e as posibilidades que lle quedan ao CD Lugo para meterse no play-off de ascenso á Liga Santander. Ademais, con Juan Nécega falamos do play-off do Ensino e con Geluco Villar (Friol) e Jesús Melendo (Antas) repasamos a actualidade do fútbol feminino. Coñecemos tamén dende dentro a Camovi de Viveiro e falamos da participación do Club Bolos Xove no mundial da disciplina celebrado en Arxentina
17/04/2018 | 39:59
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0011:49Radio Eibar
Ibon Uzkudun fiesta Eibar Sahara Elkartea
Ibon Uzkudun fiesta Eibar Sahara Elkartea
23/02/2018 | 11:49
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0039:24SER Deportivos Lugo
Ser Deportivos Lugo (13/02/2018)
Conversamos con Manuel Cordido, co que analizamos a Liga 1,2,3. Ricardo Uriz falounos do último encontro e do próximo do Cafés Candelas Breogán. Con Marta López conversamos sobre o campionato de seleccións autonómicas femininas SUB18. Iván Abel Bruzos detallounos o difícil que é para un colexiado chegar a 2ªB e Daniel Rodríguez resumiunos o último aberto de billarda
14/02/2018 | 39:24
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0039:54SER Deportivos Lugo
Ser Deportivos Lugo (06/02/2018)
Coñecemos a última hora do CD Lugo e analizamos os últimos resultados da Liga 1,2,3 con Manuel Cordido. Ademais, falamos co presidente do Cafés Candelas Breogán, Suso Lázare, para valorar dende o punto de vista organizativo, a final da Copa Princesa. Tamén conversamos con Esther Castedo (Ensino), sobre a súa marcha a EEUU, e repasamos a última hora do fútbol sala, con partido de Copa Galicia para o Burela en Noia. Tamén repasamos a actualidade do fútbol feminino, con pleno de victorias dos lucenses, e puxemos o punto e final co deporte tradicional e o último aberto da Conferencia Norleste da Liga Nacional de Billarda
06/02/2018 | 39:54
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0039:54SER Deportivos Lugo
Ser Deportivos Lugo (30/01/2018)
Analizamos a actualidade do Lugo, coa posible fichaxe do chipriota Fanos Katelaris, escoitamos a Tino Saqués, e analizou os resultados da última xornada Manuel Cordido. Conversamos con Roberto Morentin sobre a súa etapa no Cafés Candelas Breogán, e achegámonos á última hora do Ensino, con Claudia Calvelo, do Xove FS e do mundo da petanca, que terá liga en Lugo a partir do próximo xoves
30/01/2018 | 39:54
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0039:54SER Deportivos Lugo
Ser Deportivos Lugo (16/1/2018)
Avanzamos a última hora do Lugo, analizamos a xornada con Manuel Cordido, escoitamos ao pivot de Cafés Candelas Breogán, Guille Rubio, coñecemos os detalles da victoria do Ensino en Oviedo, a última hora do Xove FS, repasamos os resultados do Cross Ponte Romana e debullamos a última xornada da Conferencia Norleste de billarda
16/01/2018 | 39:54
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0039:56SER Deportivos Lugo
Ser Deportivos Lugo (3/1/2017)
Analizamos a última hora do CD Lugo e escoitamos a Serge Leuko. Millán Gómez falounos dos nomes propios da Liga 1,2,3. Escoitamos a Emir Sulejmanovic, un dos destacados do Cafés Candelas Breogán nas últimas xornadas e a Juan Nécega falando da baixa de Jordin e Lady e as posibles incorporacións. Falamos ademais cunha promesa atlética lucense, Esteban Iglesia, e con Daniel Rodríguez sobre o aberto de Billarda en homenaxe a Xose da Flor
03/01/2018 | 39:56
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0039:53SER Deportivos Lugo
Ser Deportivos Lugo (12/12/2017)
Analizamos con Millán Gómez a fichaxe de Chuli polo Lugo, con Cordido a xornada na Liga 1,2,3 e escoitamos a Erik Quintela na previa do Cafés Candelas Breogán - Clavijo. Tamén estivemos con Juan Villar falando da Copa Princesa de Voleibol e a boa marcha do Emevé, con Javier Pardeiro analizando o empate do Xove FS. Con Daniel Rodríguez analizamos a actualidade do mundo da billarda e con Geluco Villar a do fútbol feminino.
12/12/2017 | 39:53
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0039:38SER Deportivos Lugo
Ser Deportivos Lugo (21/11/2017)
Escoitamos a Cordido analizando a xornada na Liga 1,2,3, conversamos con Ricardo Úriz sobre o arranque do Cafés Candelas Breogán, e achegámonos aos encontros da última xornada do Xove FS e do Ensino. Tamén lle adicamos uns minutos ao fútbol feminino, con Geluco Villar (Friol) e Joaquín Blanco (Milagrosa) e debullamos o resultado da quinta xornada da Conferencia Norleste da Liga Nacional de Billarda
21/11/2017 | 39:38
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0004:42SER Deportivos Lugo
Ser Deporte Tradicional (14/11/2017)
Conversamos con Eusebio Méndez, presidente do Club Petanca Lugo, que nos falou do boom da petanca na cidade e no resto da provincia. Este sábado celebrarán un torneo para coñecer xogadores de distintos concellos e organizar a primeira liga na provincia de Lugo.
14/11/2017 | 04:42




