Liga ACB
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0039:53SER Deportivos Lugo
Ser Deportivos Lugo (07/08/2018)
Escoitamos a última hora antes do Lugo - Dépor con Javi López, e o máis destacado da presentación de Lazo, ao que analizamos con Rafa Porto. Estivemos tamén con Geluco Villar falando das incorporacións do Friol CD Lugo. Con Fran Bonell analizamos a actualidade do Cafés Candelas Breogán. Conversamos tamén con Pablo Vivero, o histórico capitán do Rácing Vilalbés que vén de renovar co cadro chairego. Finalizamos o SER Deportivos escoitando aos tres técnicos mariñáns da Preferente: Rafa Casanova (Ribadeo FC), Gayol (CD Foz) e Chusky (Viveiro CF)
07/08/2018 | 39:53
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0039:55SER Deportivos Lugo
Ser Deportivos Lugo (06/08/2018)
Demos conta da chegada de Lazo ao CD Lugo, escoitamos a Aburjania e a San Emeterio na súa presentación. Emilio Viqueira falou sobre a situación do mercado para o Lugo e Francisco o pasado venres falou sobre a súa marcha do Córdoba. Conversamos tamén con Laura Carballal sobre a nutrición dos futbolistas do Lugo e con Jacobo Gómez, directivo do Lugosala e do Sagrado Corazón sobre o campus que organizan a comezos de setembro. Con Carlos Méndez, Negrín, falamos sobre a aposta da Federación Galega de Fútbol polo fútbol femenino de base e achegámonos á Mariña para coñecer a fichaxe de renome do Xove FS con Javier Pardeiro
06/08/2018 | 39:55
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0039:57SER Deportivos Lugo
Ser Deportivos Lugo (03/08/2018)
Escoitamos a Aburjania, a nova fichaxe do Lugo, repasamos a última hora do equipo, e vimos o que lle deparou o sorteo do calendario da Liga ACB ao Cafés Candelas Breogán con Quique Fraga, o director deportivo celeste. Falamos tamén do Emevé feminino de voleibol co seu adestrador, Jose Valle, e achegámonos á Mariña para coñecer os detalles da carreira popular de Benquerencia deste sábado
03/08/2018 | 39:57
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0039:53SER Deportivos Lugo
Ser Deportivos Lugo (02/08/2018)
Repasamos o último partido do Lugo ante o Oviedo en Xove, saldado con victoria por 2-1 para os lucenses, e escoitamos a valoración de Javi López. Analizamos as fichaxes de Aburjania e San Emeterio con Rafa Porto. Con Suso Yvanka debullamos a actualidade do Cafés Candelas Breogán. Falamos tamén con Juan Peón sobre a pretempada do Rácing Vilalbés, con Gabriel Cortón sobre os cursos arbitrais da Federación Galega de Fútbol en Lugo, e achegámonos á Mariña para saber algo dos 3x3 que se disputarán na fin de semana pola comarca
02/08/2018 | 39:53
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0039:42SER Deportivos Lugo
Ser Deportivos Lugo (01/08/2018)
Escoitamos a última hora do Lugo - Oviedo, conversamos con Juan Muñiz e tamén con Jose Durán, o adestrador do filial albivermello. O Breogán anunciou a contratación de Redivo e con Alberte López, membro de Nove Ondas, repasamos a actualidade celeste. Achegámonos a Burela para coñecer a última hora do Pescados Rubén con Juanma Marrube, o seu adestrador, e falamos con Esteban Vila, subcampión galego dos 10.000 metros en ruta
02/08/2018 | 39:42
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0027:52Hora 25 Deportes
Hora 25 Deportes: Incógnita Bale (01/08/2018)
El programa del miércoles con Sonia Lus y todo el deporte: pretemporadas de Real Madrid y Barça, noticias y mercado del resto de Liga Santander, más fútbol, mundial femenino de hockey hierba, baloncesto...
01/08/2018 | 27:52
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0039:57SER Deportivos Lugo
Ser Deportivos Lugo (30/07/2018)
Repasamos o sorteo da Copa do Rey de fútbol para o CD Lugo, escoitamos a Seoane falando da pretempada e a Javi López valorando o partido ante o Rácing de Santander. Ademais, debullamos a actualidade do Cafés Candelas Breogán con Paco Basanta, a do Durán Maquinaria Ensino co seu presidente, Manuel Durán, e a do Xove FS con Javier Pardeiro. Despedimos o programa charlando con Francisco Muñoz, o mariñán que vén de participar no Iron Bike de Italia para visibilizar a enfermidade da Pel de Mariposa
30/07/2018 | 39:57
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0039:39SER Deportivos Lugo
Ser Deportivos Lugo (27/07/2018)
Demos conta da última hora do CD Lugo, conversamos con Sergio Gil e tamén falamos do proxecto do CD Lugo Sala co seu adestrador, Félix Julio. Tamén repasamos a actualidade do Cafés Candelas Breogán, a participación de Xoel García no Mundial de Piragüismo Junior e da milla urbana de Xove. Con Pablo Rivera falamos do Volante Diputación e das actividades fluviais organizadas pola institución provincial.
27/07/2018 | 39:39
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0039:58SER Deportivos Lugo
Ser Deportivos Lugo (26/07/2018)
Escoitamos a Tino Saqués dando conta de distintos aspectos da actualidade do Lugo, e ao alcalde de Burela, Alfredo Llano, mostrando a súa sorpresa pola cancelación do amistoso entre o cadro albivermello e o Oviedo na Marosa. Repasamos o último partido do equipo en Pontevedra e o encontro do filial no Carballiño. Ademais demos conta da actualidade do Cafés Candelas Breogán coa fichaxe de Norel e o interese por Belemene. Finalizamos falando do fútbol da Preferente, con Manuel Sangil (presidente da Sarriana) e Rafa Casanova (adestrador do Ribadeo)
26/07/2018 | 39:58
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0039:55SER Deportivos Lugo
Ser Deportivos Lugo (24/07/2018)
Escoitamos ao adestrador do Lugo, Javi López, na previa do partido ante o Pontevedra e a Geluco Villar, o adestrador do Friol-CD Lugo feminino. Con Paco Basanta analizamos a actualidade do Cafés Candelas Breogán e falamos da Terceira Galega con Óscar Rivas, o capitán do Polvorín, e Gonzalo Edrosa, unha das fichaxes do Rácing Vilalbés. Pechamos o programa co presidente do Foz, José María García Rivera, que regresa á Preferente
24/07/2018 | 39:55




