Rácing Vilalbés
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0029:45SER Deportivos Lugo
Ser Deportivos Lugo (15/9/2017)
Analizamos a previa do Lugo - Zaragoza, estivemos con Gustavo Aranzana, adestrador do Leyma Coruña, rival do Cafés Candelas Breogán hoxe no torneo Lugo é Básket. Debullamos todas as previas dos equipos lucenses de Terceira e Preferente. Pablo Rivera, o deputado provincial de deportes, detallounos toda a axenda deportiva da fin de semana na provincia
15/09/2017 | 29:45
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0029:53SER Deportivos Lugo
Ser Deportivos Lugo (11/8/2017)
Escoitamos a Francisco, Fydriszewski e Iriome tras a victoria do CD Lugo en Albacete, que analizamos con Rafa Porto. Paco Basanta detallounos as sensacións que deixa o Cafés Candelas Breogán nesta pretempada e deunos a coñecer a Fúzaro, a última fichaxe celeste, e o presidente, Suso Lázare, aclarounos as dúbidas sobre a campaña de abonados. Tamén repasamos todo o fútbol da fin de semana na Terceira, coa victoria do Vilalbés sobre o Compos e na Preferente, onde gañaron Escairón e Ribadeo, empatou o Viveiro e perderon Residencia, Castro, Lugo B e Outeiro
11/09/2017 | 29:53
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0030:14SER Deportivos Lugo
Ser Deportivos Lugo (8/9/2017)
Analizamos a previa do Albacete - Lugo coas declaracións de Francisco, Bernardo Cruz e a opinión de Rafa Porto. Repasamos a xornada da próxima fin de semana en Terceira e Preferente e escoitamos ás novas fichaxes de Ensino e Emevé, Alicia Villegas e Víctor Bouza. Con Pablo Rivera repasamos toda a actividade deportiva da fin de semana e os servizos relacionados co deporte que oferta a Deputación de Lugo
08/09/2017 | 30:14
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0029:49SER Deportivos Lugo
Ser Deportivos Lugo (5/9/2017)
Conversamos con Chicho Montenegro tras a decisión do CSD de permitir a inscripción do CB Chantada en Liga EBA, analizamos a última hora do Nàstic - Lugo de Copa del Rey, a actualidade do Cafés Candelas Breogán e repasamos o fútbol base con Simón e Álex Antón, adestradores do Vilalbés e do Lugo xuvenil de División de Honor, e con Javi Ferreiro, director do Líder
05/09/2017 | 29:49
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0029:49SER Deportivos Lugo
Ser Deportivos Lugo (4/9/2017)
Escoitamos a Francisco, adestrador do CD Lugo na previa do encontro de copa ante o Nástic, a Víctor Muñoz valorando o comezo de tempada e presentando a Fydriszewski. Rafa Porto e Cordido analizáronnos a xornada da Liga 1,2,3, Paco Basanta a última hora do Cafés Candelas Breogán e repasamos toda a actualidade da Terceira división e da Preferente para os conxuntos lucenses tras a xornada da fin de semana
04/09/2017 | 29:49
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0029:46SER Deportivos Lugo
Ser Deportivos Lugo (1/9/2017)
A previa do Lugo - Cádiz con Francisco, Álvaro Cervera e Rafa Porto, a última hora do mercado de fichaxes na Liga 1,2,3, A baixa de Lamont Mack no Cafés Candelas Breogán e a previa de todo o fútbol da Terceira, co Barbadás - Vilalbés, e da Preferente, co derbi Polvorín - Residencia e os partidos do Outeiro, Escairón, Viveiro, Ribadeo e Castro. Pablo Rivera analizou a axenda da fin de semana e a información deportiva de carácter institucional
01/09/2017 | 29:46
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0029:47SER Deportivos Lugo
Ser Deportivos Lugo (28/8/2017)
Escoitamos a Francisco, Seoane e Campillo tras a derrota do Lugo por 2-0 no Molinón ante o Spórting. Analizámola con Rafa Porto e Manuel Cordido. Óscar Gilsanz, adestrador do Vilalbés, falou do bo encontro dos seus ante o Boiro, e na Preferente estivemos con José Durán (Polvorín), Aitor (Escairón), Cholas (Outeiro), Juanma (Ribadeo), Omar (Castro), Xenxo (Viveiro) e Meilán (Residencia). Ademáis, demos conta da situación do Chantada de baloncesto e das últimas novidades na LEB
28/08/2017 | 29:47
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0029:46SER Deportivos Lugo
Ser Deportivos Lugo (25/8/2017)
Falamos da última fichaxe do Cafés Candelas Breogán con Natxo Lezkano, analizamos a campaña de abonados do club con Alberte López (Nove Ondas), escoitamos a Francisco e a Guille Donoso na previa do Spórting - Lugo e Juan Peón (Outeiro), Álvaro Meilán (Residencia) e Jose Durán (Lugo B) debullaron o que será a Preferente Galicia para os seus equipos. Óscar Gilsanz tamén detallou as chaves do que será o debut do Vilalbés na Magdalena ante o Boiro e Rocío Varela deu as claves que a fixeron renovar polo Ensino
25/08/2017 | 29:46
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0029:51SER Deportivos Lugo
Ser Deportivos Lugo (23/08/2017)
Repasamos a actualidade do Cafés Candelas Breogán, a do CD Lugo e a fichaxe de Fydriszewski con Gonzalo Bobadilla, xornalista da ESPN en Arxentina e seguidor do cadro albivermello. Tamén soubemos do malestar do Rácing Vilalbés polo cambio de última hora das datas do seu encontro ante o Boiro e analizamos o comezo da liga na Preferente con Germán Amil, adestrador do Viveiro, e con Javi López, preparador do Castro. Fernando Buendía, adestrador do Ensino, falounos de Fiona O'Dwyer última fichaxe do equipo.
23/08/2017 | 29:51
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
00:00:0029:21SER Deportivos Lugo
Ser Deportivos Lugo (21/08/2017)
Analizamos a previa do CD Lugo - Reus escoitando a Francisco. Rafa Porto debullou as novidades que se poden ver hoxe no Anxo Carro e a filosofía do Reus, e Manuel Cordido repasou toda a xornada na Liga 1,2,3. Escoitamos a Xusto Pardeiro valorando a derrota do Rácing Vilalbés no estreo ligueiro ante o Bergantiños, Jose Rodríguez falounos das sorpresas no torneo Burela Bonita de fútbol sala e Raquel Asensio detallounos as claves da súa renovación polo Porta XI Ensino
21/08/2017 | 29:21




