Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Ideas para agasallar, humor e compras para San Valentín

Así é “amor polos barrios Localmente Lucenses” , a nova campaña co que o executivo local busca dinamizar o comercio para o 14 de febreiro

Presentación da campaña Localmente Lucense

Presentación da campaña Localmente Lucense

Lugo

O Goberno de Lara Méndez pon en marcha unha nova campaña, enmarcada no movemento Localmente Lucense, para dinamizar a actividade dos barrios e fomentar as compras nos máis de 550 establecementos adheridos ao proxecto, con motivo da festividade de San Valentín.

Para a rexedora esta aposta “quere incentivar o amor polos barrios Localmente Lucenses a través das campañas estacionais que desenvolvemos para dinamizar a vida e a reactivación económica, buscando sensibilizar aos lucenses cunha campaña que contempla accións online e a pé de rúa”.

A campaña buscará captar a atención dos lucenses cun vídeo con ideas para pasar un San Valentín #LocalmenteLucense, así como a elaboración de material gráfico, "adaptado a cada sector de actividade (restaurantes, florerías, pastelerías, xoierías, centros de benestar, hoteis, librarías, perruquerías, etc.), para que os establecementos poidan utilizar dende as súas propias canles durante a campaña de San Valentín".

Ademais organizaranse escenas de humor e amor nas prazas das cinco agrupacións de barrios nas que foi dividida a cidade para impulsar o movemento."Trátase de escenas e improvisacións, a cargo de dous animactores, que falarán sobre o consumo local en clave de humor e amor polo barrio".

Calendario das actuacións a pé de rúa

Mércores 9, de 17:00 a 19:00 horas, na zona Leste (barrios da Cheda, A Ponte, Anxo Carro, A Piringalla, A Residencias, Casás, Louzaneta e O Castiñeiro).

Xoves 10, de 17:00 a 19:00 horas, na zona Sur (barrios de Acea de Olga, Augas Férreas, Fingoi, Montirón, Paxariños, Ramón Ferreiro, Recatelo, San Fiz e San Roque).

Venres, 11, de 17:00 a 19:00 horas, na zona Oeste (os barrios da Chanca, Paradai, Castelo, A estación, As Gándaras, Fontiñas, Galegos e Sagrado Corazón).

Sábado 12, de 12:00 a 14:00 horas, na zona Norte (barrios de Albeiros, Garabolos, A Milagrosa, Avenida da Coruña e Barrio Feijoo).

Luns 14, de 17:00 a 19:00 horas, na zona centro (barrios do casco histórico e A Tinería).

Sara Meijide

Redactora de Radio Lugo

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir