Más deportes

Nervios, ansiedade e alegría, unha mestura de sentimentos no CV Emevé

Pónlle imaxe ao especial Ser Deportivos Copa da Raiña de Volei

Antonio Magariños e Jairo Lombao durante a súa conversa con Sara Meijide / Radio Lugo

Lugo

Lugo está de festa. Esta fin de semana arranca a Copa da Raiña de volei con sede na cidade amurallada. Nervios e sobretodo "moita alegría e ansia de que comece a competición". Así está o vestiario das loitadoras de Jose Valle. Inés e Julia pásanse polos estudos de Radio Lugo para debuxar a realidade das pupilas de Valle.

"Somo un equipo moi novo, pero a experiencia de xogadoras coma Yael axúdanos moitísimo", confesan. As galegas pensan que esta fin de semana poden dar a sorpresa e facer que a Copa quede, por primeira vez, en Lugo. Pero por riba de vencer está pasalo ben e sobretodo gozar dun máis que merecido premio.

O adestrador, Jose Valle, está convencido das posibilidades das súas xogadoras. "Son moi metódicas e traballadoras. Todas estudan e adestran duro, creo que están moi comprometidas", afirma. O bombeiro de profesión e adestrador por devoción, leva toda unha vida vencellado ao equipo lucense, e as pilas vanse esgotando: "Se gañamos, deixo o posto!, avisa entre risas.

Bibi Bouza e Antonia Iglesias son as mamás da familia de loitadores e loitadoras. Cada unha leva o seu roll dentro do equipo, pero conforman o tándem perfecto. "Ela (Bibí) é a que leva todo o papeleo, e é a persa idónea para presidir o clube", di a vicepresidenta. Emocionada, Bouza non queda atrás e recoñece que Antonia, é, "despois do meu marido, todo". Cabeza e corazón, a mestura perfecta.

Moito traballo destrás da organización, moito apoio moral e "moitas cañas e viños" despois, todo está listo para pegar o pistoletazo de saída. A promoción está feita. Detrás dela un equipo de catro homes xa autodenominados coma "equipo de redes sociales". Sen gañar un peso, investindo todo o tempo do mundo, "xa estamos dentro da secta e non saímos". Antonio Magariños e Jairo Lombao, son parte do equipo. Chegaron, coma case todos os que axudan, desinteresadamente, pola familia e os fillos. Agora quedaron porque "cando te queres dar conta xa estás metido na espiral e non podes deixalo", bromean.

A familia toca, os amigos escóllense e os clubes coma o CV Emevé ármanse grazas á vontade, o amor e o compromiso desinteresado dos lucenses coma eles e coma elas.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00