Un paso máis preto da Intermodal en Lugo
O Goberno local elevará á sesión de febreiro a variación non substancial do Plan Xeral para excluír o edificio de Correos do Catálogo de Protección

Lara Méndez visita as instalacións de Correos

Lugo
Este mes de febreiro darase a aprovación inicial da modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal, para acadar a descatalogación do Edificio de Correos para avanzar na materialización da Estación Intermodal de Lugo.
Así o anunciaba esta mañá a rexedora socialista, Lara Méndez, que se refería a esta futura intermodal coma “unha infraestrutura tan necesaria como demandada”.
A alcaldesa explicou que, logo dun traspés administrativo "responsabilidade da Xunta," e tras recibir o informe favorable do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias, a modificación deberá ser validada agora polo Pleno. Logo someterase a exposición pública polo prazo dun mes, periodo tralo cal o expediente será remitido á Consellería de Urbanismo para que emita o informe vinculante.
Lara Méndez lembrou que, "acolléndose ás indicacións realizadas dende Patrimonio Cultural para a redacción do proxecto, o equipo técnico revisou a contorna de protección do edificio da estación do ferrocarril e estableceu os condicionantes necesarios tanto para a salvagarda do ben protexido como da devandita contorna, sen que isto supuxera a cualificación do mesmo como ben catalogado".
Sara Meijide
Redactora de Radio Lugo




