Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

A Vicepresidencia solicita a colaboración da Xunta para unha renovación museográfica en San Paio de Narla e no Pazo de Tor

Trátase de actuacións incluídas en Soterradas, un proxecto global da Rede Museística Provincial centrado en recuperar e visibilizar a historia das mulleres que traballaron no servizo destes edificios

A Vicepresidencia da Deputacíon de Lugo solicitou a colaboración da Consellería de Cultura da Xunta de Galiza para realizar unha renovación museográfica do Museo de San Paio de Narla e do Pazo de Tor. Estas actuacións están incluídas en Soterradas, un proxecto global da Rede Museística Provincial centrado en recuperar e visibilizar a historia das mulleres que traballaron no servizo destes edificios, que foron centros de poder durante séculos, e que se configuraron como espazos culturais dentro da Rede.

Segundo explicou a vicepresidenta Maite Ferreiro “desde a área de Cultura ven de presentarse esta proposta á convocatoria de axudas destinadas a centros musesíticos de Galicia, co obxectivo de que a administración galega cofinancie unha iniciativa que aposta por reforzar a mirada de xénero no discurso dos museos, pero tamén pola inclusión e a accesibilidade dos contidos e dos espazos e polo traballo en rede”.

Ademais da renovación museográfica, o proxecto inclúe tamén a convocatoria de residencias artísticas que permitan seguir afondando na recuperación da memoria das mulleres rurais, na liña de traballo doutros proxectos da RMPL como “Recolectoras. Memoria e Terra”. Ferreiro, incidiu en que “buscamos a colaboración doutras administracións e o traballo en rede para seguir dinamizando os museos e para o mantemento e conservación duns edificios que son patrimonio de todas as galegas e galegos, xa que tanto a Fortaleza de San Paio de Narla como o Pazo de Tor son Bens de Interese Cultural”.

Sara meijide

Redactora de Radio Lugo

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir