Ocio y cultura

As Tanxugueiras quedan na rúa, na Menorca

Aida, Olaia e Sabela séntense "coma estrelas de Hollywood" ao ter a súa propia placa na rúa das palabras do ano de Lugo

As Tanxugueiras posan xunto coa súa placa na rúa Menorca de Lugo / Alex Gato, Radio Lugo

Lugo

"Pensar pensábamos que íbamos acabar na rúa, pero non deste xeito", bromean as Tanxugueiras ao descubrir a placa que leva o seu nome en Lugo. Na rúa das palabras da cidade lucense, a rúa Menorca, xa campa a palabra do ano 2021: Tanxugueiras.

Cada mes de decembro a Real Academia Galega e a Fundación Barrié promoven, a través do Portal das Palabras, "a elección colectiva da palabra do ano en galego dende o ano 2014". A iniciativa, que goza en cada edición de maior popularidade, ten en Lugo o seu especial escaparate no paseo das palabras do ano, que hoxe se vestíu de gala para recibir as artistas do momento.

Tras os discursos institucionais, Aida, Olaia e Sabela destaparon a súa placa, agochada baixo a bandeira galega acompañada por catro pandeiretas en cada unha das súas esquinas. Nervios, felicidade e, sobretodo, moito orgullo era o que se respiraba no ambiente da cidade amurallada.

Pronto as artistas acapararon toda a atención dos lucenses que pasaban por alí e que rápidamente as recoñecían. Entre fotos, agradecementos e noraboas foi pasando o tempo. Tempo no que perdurarán estas tres bravas mulleres que hoxe se sentiron "coma estrelas de Hollywood" ao descubrir a primeira placa que lle adican. "E como é a primeira vez non sabemos ben que é o que hai que decir, así que: Gracias".

A nós (2020), sentidiño (2019), deseucaliptización (2018), afouteza (2017), irmandade (2016), refuxiado (2015) e corrupción (2014) agora se une "Tanxugueiras". Estas tres artistas galegas revolucionaron a todo un país coa súa candidatura para representar a España no certame de Eurovisión e, ainda que o xurado profesional tumbou o soño de toda unha Comunidade Autónoma, "gañamos igualmenre, gañamos nós e gañou a cultura galega".

Lugo, prepárate porque por onde pasan as Tanxugueiras nada volver se igual: "E cando volvamos a Lugo, que volveremos para cantar, imos vir e imos tomar unha cervexa aqui, na nosa placa".

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00