Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Marea de Vigo propón a Medalla da Cidade ás comisións de traballadores e traballadoras que no ano 1972 organizaron a folga xeral na cidade

Igualmente, Marea de Vigo propón como viguesa distinguida á Asociación Mutualista de residentes de Vigo en Buenos Aires

Rubén Pérez, portavoz de Marea de Vigo / Cadena SER

Rubén Pérez, portavoz de Marea de Vigo

Vigo

Entre 1970 e 1975 a cidade foi un fervedeiro de loita obreira con constantes mobilizacións, converténdose no punto de mira das forzas de seguridade da ditadura. “Foron moitas e moi duras as horas de activismo, xuntanzas, táctica e estratexia, que levaron a cabo ducias de valentes homes e mulleres da nosa cidade sembrando unha semente de liberdade e emancipación da clase obreira dende a clandestinidade” sinala Oriana Méndez, concelleira da Marea de Vigo. “Moitas destas persoas pasaron pola cadea, viviron malleiras e sufriron a represión franquista, nalgún caso con graves consecuencias que aínda hoxe viven nas súas carnes” matiza Méndez.

Naquela altura, traballábase en tres frontes: as reivindicacións dos traballadores/as, que non eran só laborais, de mellora de salarios e condicións e de redución de xornada, a consolidación do movemento obreiro a través de comisións de obreiros e obreiras nas fábricas, e, “sobre todo, acabar co réxime coma obxectivo principal. Mentres houbese ditadura non ían ter nin sindicatos, nin liberdade, nin salarios, nin dereitos” engade a concelleira.

Coincidindo co cincuenta aniversario das folgas do 72, “cremos que é fundamental ensalzar e ter moi presente o papel deses homes e mulleres que arriscaron as súas vidas loitando pola liberdade e polos dereitos do conxunto da clase obreira e é por isto que consideramos, que como mínimo, deben ter un recoñecemento da cidade”

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir