A Deputación de Lugo financiará a excursión á 7º Semana das Artes Plásticas da Mariña de 11 centros escolares
A vicepresidencia busca aproximar a obra de Quique Guerra a preto de 2.000 escolares e profesores para descubrir, de primeira man, a mostra e realizar obradoiros
EFE
A Mariña
Visitas guiadas para á rapazada de A Mariña ao Cenima de Foz pola 7ª Semana das Artes Plásticas da Mariña Lucense, celebrada na Sala de exposicións do Complexo Sargadelos de Cervo. Este ano todo se artella ao redor da figura de Quique Guerra, artista homenaxeado.
Así se aproxima a obra do artista a preto de 2.000 escolares e profesores de máis dunha decena de centros educativos da comarca para descubrir, de primeira man, a mostra e realizar obradoiros ao redor desta temática. A vicepresidenta, Maite Ferreiro, expresou na presentación do evento o agradecemento a entidades públicas e privadas que fan posible “esta data crucial xa no calendario anual, cun proxecto consolidado no mundo das artes e da cultura e que cada ano filtra máis á sociedade xeral, cunha aposta decidida, na que colabora a Vicepresidencia, de involucrar tamén á comunidade educativa da Mariña”.
Quique Guerra, nado en Mondoñedo, foi un destacado artista pola súa obra escultórica e pictórica, que relaciona o natural coa historia dos obxectos. Foi quen de mesturar estas dúas disciplinas pasando do realismo á abstracción cunha coherencia de difícil encaixe, experimentando a través da verdade en todos os camiños escultóricos e pictóricos.
Desde a área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo financiaranse preto de 30 desprazamentos en autobús para facer posible este proxecto de democratización das artes no eido educativo. As visitas ofrecéronse a todos os centros de ensino da Mariña a través de Tá en artes, colectivo organizador da exposición do artista Quique Guerra. Os IES Dionisio Gamallo (Ribadeo), de Alfoz (O Valadouro), Vilar Ponte (Viveiro), San Rosendo (Mondoñedo) e Marqués de Sargadelos (San Cibrao) desprazaranse ao longo dos meses de abril e maio ao Cenima de Foz para ver a mostra, así como o Centro Ocupacional de Viveiro (ASPANAE) e os CEIP de Cervo, de Nois (Foz), Santa Rita de Galdo (Viveiro), Pedro Caselles Rollán (Xove) e a EEI San Roque (Viveiro).
Sara Meijide
Redactora de Radio Lugo