La Ventana MetropolitanaLa Ventana Metropolitana
Sociedad
Redondela

Aberta a inscrición para os establecementos que queiran participar nas 'II Xornadas Gastronómicas Choco de Redondela'

O Concello, ao igual que o fixo na primeira edición deste evento gastronómico, mercará o choco directamente á Confraría de pescadores para distribuílo entre os establecementos participantes

Jornadas

Vigo

O Concello de Redondela, a través da Concellería de Comercio que xestiona María Castro, anunciou a apertura do prazo inscrición para que os establecementos hostaleiros do municipio poidan participar nas II Xornadas Gastronómicas Choco de Redondela que se desenvolverán dende o 29 de abril ao 8 de maio, unha iniciativa que na súa primeira edición tivo unha excepcional acollida e que busca poñer en valor o produto estrela da enseada de San Simón e contribuír á dinamización dos establecementos hostaleiros do municipio.

Ao igual que fixo nas xornadas do 2021, o Concello mercará directamente á Confraría de Pescadores o choco que, posteriormente será distribuído entre os establecementos participantes “para, dese xeito, promocionar o noso produto estrela e garantir a súa calidade, asegurándonos que, en realidade, sexa choco de Redondela”, asegurou a alcaldesa de Redondela Digna Rivas.

Nestas segundas xornadas poderán participar todos os establecementos de hostalaría, legalmente establecidos, que cumpran coas condicións de participación e acepten as bases do evento. O prazo de inscrición pecharase o vindeiro 8 de abril. Tanto as bases como o formulario de solicitude poden consultarse na páxina web do Concello, http://redondela.gal/. Para máis información as persoas interesadas poden poñerse en contacto co Concello de Redondela a través do teléfono 986 400 300 ou do enderezo de correo electrónico turismo@redondela.gal

Segundo as bases publicadas, os establecementos hostaleiros que participen nestas II Xornadas deberán incluír na súa carta, “como mínimo, un menú, prato ou proposta gastronómica na que o produto principal sexa o choco”. Dito menú –que deberá ser descrito na solicitude de inscrición– queda á libre elección de cada establecemento que poderá participar co número de propostas que desexe e en formato salgado ou doce.

Durante a celebración das xornadas, os establecementos participantes comprométense a ofrecer o menú durante os días establecidos e, durante o evento, “non se poderá modificar nin o menú nin o prezo”.A alcaldesa Digna Rivas subliñou a importancia deste evento “que na súa primeira edición tivo una enorme aceptación por parte do público e foi, ao mesmo tempo, un extraordinario escaparate no a nosa hostalaría puxo de relevo o seu altísimo nivel”.

--

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00