Medio Rural premiará en Moexmu as mozas e mozos gañadoras do certame de xóvenes manexadores de gando vacún
Trátase dun concurso no que se valora as habilidades dos participantes na preparación, manexo e presentación dos animais ante un xurado especializado
GRAF3077. PALAS DE REI (LUGO), 20/03/2022.- Un rebaño de vacas cruza una carretera comarcal en Pales de Rei, Lugo, este domingo. Galicia estará durante el domingo en una situación intermedia entre las altas presiones del continente europeo y las bajas situadas al sur de Portugal, por lo que se esperan cielos con alternancia de nubes y claros, sin que se descarten chubascos aislados durante la tarde. EFE/ Eliseo Trigo / Eliseo Trigo (EFE)
lugo
Medio Rural da Deputación de Lugo facilitará á organización da Moexmu lotes de libros para premiar aos mozos e mozas gañadoras do certame de manexadores de gando vacún de leite, incluído entre as actividades da feira agrogandeira que se celebrar do 1 ao 3 de abril no recinto feiral Manuel Vila López de Muimenta.
Trátase dun concurso galego no que se valora as habilidades dos mozos e mozas participantes na preparación, manexo e presentación dos animais ante un xurado especializado. O certame está aberto a gandeiros e gandeiras ata os 30 anos, e establécense premios para as distintas franxas de idade.
Os lotes de libros, editados polo Servizo de Publicacións da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, inclúen títulos adaptados as diferentes idades. A deputada de Medio Rural Mónica Freire sinalou “a importancia desta cita gandeira para dinamizar o sector pero tamén para trasladar á sociedade en xeral o valor social, ambiental e cultural da gandeiría e xenerar, sobre todo entre a mocidade, unha maior autoestima e orgullo de pertencer ao rural”.
O certame de manexadores de gando vacún celebrarase o domingo a partir das 11.30 e pechará un programa que inclúe, entre outras citas, un concurso e unha poxa de gando frisón, así como unha exposición de gando.
Sara Meijide
Redactora de Radio Lugo