Música

Dakidarría presenta 'Colaxe Tour' na sala Jagger

A coñecida banda de ska punk e reggae actuará esta noite no centro da cidade de Lugo

Hoy por Hoy Lugo - Sección Alex Gato 07-04-2022 (Dakidarría presenta Colaxe Tour)

Hoy por Hoy Lugo - Sección Alex Gato 07-04-2022 (Dakidarría presenta Colaxe Tour)

10:02

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1649335112934/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Lugo

Dakidarría, ou 'DKR' para os amigos, aterran na cidade amurallada para comezar a súa volta ao formato tradicional de concertos. Despois de dous anos de pandemia "adaptando o show a un formato máis pequeno", como nos explicaba o seu vocalista Gabriel Reigosa, en Hoy por Hoy Lugo, hoxe cumprirán o soño de volver ver bailar ao público.

Esta noite presentan na sala Jagger o seu novo traballo; 'Colaxe'. Un LP composto por dez cancións orixinais e pragado de colaboracións con grandes músicos tan recoñecidos coma as Tanxugueiras ou Boicot, entre outros.

Portada de 'Colaxe' o novo álbum de Dakidarría / Dakidarría

Cando falamos de Dakidarría sobran as presentacións. E é que esta banda, oixinaria da comarca de Val Miñor, en Pontevedra, acumula máis de vinte anos sobre os escearios de todo o país. Mesturando ritmos de ska ou reggae con letras reivindicativas que non deixan indiferente a ninguén.

"O primeiro grupo neofalante de Galicia"

Ainda que fixeron as súas primeiras composicións en castelán, non tardaron moito en cambiar á lingua galega como principal ferramenta á hora de levar as raíces aló onde vaian. Gabriel Reigosa definía á banda como "o primeiro grupo neofalante de Galicia". Dakidarría conta tamén con letras escritas noutra ducia de idiomas nas que lanzan unha mensaxe reivindicativa de crítica política e social, eso si, con moito ritmo e tonaliades moi alegres que convidan a calquera a involucrarse nos famosos "pogos". Porque xa o dí Gabri nos micrófonos de Radio Lugo, "nun concerto de Dakidarría ten que haber pogos e xente bailando".

Cando bailar?

Esta noite os nove integrantes da banda subiran ao esceario da Sala Jagger e a apertura de portas está fixada para as 22:00h, comezando a actuación arredor das 22:30h. As entradas pódense adquirir nesta ligazón e teñen un prezo de doce euros. Ídelo perder? Nós xa temos as nosas entradas e ademáis outras dúas para sortear acompañadas de dous CD´s de 'Colaxe' a que agardades? Imos bailar, 'Até o abrente'!

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00