Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

O Concello de Vigo quere desmentir que teña petición algunha da Xunta de Galicia para realizar un concerto en Balaídos

Asegura que a Xunta de Galicia amosa mala fe e deslealdade institucional xa que asegura ter pechado un suposto convenio cun grupo sen contar co propietario do espazo

Imagen de archivo de Feijoo y Caballero / Salvador Sas

Imagen de archivo de Feijoo y Caballero

Vigo

O Concello de Vigo quere desmentir categoricamente que teña petición algunha da Xunta de Galicia para realizar un concerto de gran formato en Balaídos. É rotundamente falso que exista contacto algún, proposta de convenio ou solicitude da Xunta ou dunha promotora musical para realizar concertos no estadio municipal de Balaídos. Hoxe coñecemos a través dos medios de comunicación un suposto acordo dunha banda inglesa coa Xunta de Galicia para actuar na cidade pero que “se cancelou por falta dun espazo de grande capacidade”.

Seguimos á espera de que a Xunta de Galicia solicite ao Concello a autorización para este concerto, nos pida o espazo coas datas nas que pretenden facelo, as condicións e o artista. Unha vez recibida a proposta recibirán a resposta municipal. Ata o de agora só o coñecemos a través dos medios de comunicación. Xamais se recibiu ningunha solicitude da Xunta nin de intermediario acreditado que a represente para celebrar ningún concerto en ningún lugar da cidade. A Xunta de Galicia amosa mala fe e deslealdade institucional xa que asegura ter pechado un suposto convenio cun grupo sen contar co propietario do espazo. A Xunta minte descaradamente e pola vía do feito, parece demostrar que non ten nin tivo ningunha intención de facer ese concerto na cidade. En calquera caso, ao non ter ningunha proposta é obvio que o Concello de Vigo non pode dar ningunha contestación ao respecto. Seguimos esperando a solicitude coas datas, o artista e as condicións que propoñan.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir