O Concello de Lugo, vítima dun ciberataque
Descártase unha actuación de tipo indiscriminado dirixida por mafias
:quality(70):focal(758x374:768x384)/cloudfront-eu-central-1.images.arcpublishing.com/prisaradio/HAA7WGP5IJHZ7HFUWIVZVVV2JE.jpg)
El ciberataque se produjo en diciembre de 2021 / NurPhoto
Lugo
Na tarde de onte o Concello de Lugo emitía un comunicado oficial no que recoñecía ter sido vítima dun ciberataque. " O Executivo local informa de que o Concello de Lugo acaba de ser víctima de un ciberataque que xa foi comunicado e denunciado ante o Centro Criptolóxico Nacional e a Policía Nacional", denunciaban.
Segundo apuntan desde a insitución local lucense, xa están en marcha as correspondentes investigacións para esclarecer os feitos. O executivo local evita dar máis datos por mor de interferir nas labores de investigación.
Apuntaban que "debido a este extremo e para non interferir na labor policial non é posible facilitar máis información ao respecto". O que si queda descartado é que esta actuación esta "dirixida por mafias". A hipótese que se manexa dende o goberno lucense semella camiñarse cada outo senso: " Parece obedecer a un ataque dirixido especificamente contra a Institución local xa que foi executado empregando como reclamo datos concretos e moi elaborados relacionados coa actividade da Administración".