Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast
Sociedad
O blog de Henrique Rabuñal

O abandono de Carlos Negreira

A Coruña

Os resultados das pasadas eleccións municipais modificaron o taboleiro político local na Coruña. Á renuncia de Xosé Manuel Carril e ao paso atrás dado por Mar Barcón súmase agora o abandono de Carlos Negreira que deixa os seus cargos no seu partido, no concello e na Deputación.

Negreira recoñece así o fracaso electoral que o privou de revalidar primeiro a súa condición de alcalde e que supuxo para o PP provincial un retroceso de 100.000 votantes nas eleccións do 20D. E que se traducira na perda da Deputación e das tres cidades de maior peso. E logo de dous deputados na provincia.

Negreira levaba case trinta anos de actividade na empresa privada, nas Consellerías de Economía, Sanidade, Aena, Correos ou Portos de Galicia (en cuxo consello tomaba asento Pablo Crespo) complementada cos seus anos de deputado autonómico e provincial, concelleiro e alcalde coruñés.

Vaise entre as críticas á súa xestión por parte dos outros grupos políticos, afectado por casos vinculados á corrupción (Zeta, Pikachu) sen dúbida mal xestionados e mal explicados, promotor de obras faraónicas como as da Mariña e logo do revelador abrazo co vazquismo ao comezo do seu mandato en María Pita por moito que tivese que apandar cunha herdanza funesta (Conde de Fenosa, Someso).

Pero o seu modelo de cidade era no peor sentido da palabra continuista e liberal. Nunha ocasión falou de Rita Barberá –agora protexida no Senado polo PP- como o seu modelo de rexedora e noutra gabou a un coruñés que encarna sen discusión os peores valores. Polo que vemos a cidade que deixou está chea de asuntos sen encamiñar nin resolver comezando polo convenio que ameaza a entrega da xoia da coroa para pagar as obras do Porto exterior.

A noite das eleccións de maio non compareceu como era previsíbel e certificaba así a envergadura da decepción. Días antes negárase a debater cos seus rivais en El Coruñés Opina nunha decisión que non pode ser vista máis que como unha torpeza. Tanto que fose desprezo como prepotencia.

Os políticos que levan tanto tempo na praza pública vanse cando os botan os resultados. Que non nos vendan outra cousa. Probabelmente estes meses Negreira non se sentía cómodo e fixo un último favor aos seus. Encabezaba un grupo de oposición en María Pita moi belixerante, moi radicalizado que tarda en asumir algo moi simple: que xa non goberna.

Na política local coruñesa hai varios exemplos de persoas que durante décadas foron saltando de cargo en cargo até practicamente chegar á idade da xubilación cun último "emprego" nunha cámara afastada ou inútil ou nun cargo de confianza ou de privilexio.

Que difícil lles resulta aos políticos volver aos seus traballos e vivir con salarios e sen privilexios como a xente normal. Acabámolo de constatar con Elena Salgado e Trinidad Jiménez. E Negreira non parece que teña pensado volver ao seu meritorio posto de letrado da Xunta.

Negreira fíxose co control do partido con dificultades como acontece sempre que hai unha renovación de persoas pero hai que lle recoñecer que soubo mover todas as súas pezas para aproveitando a debilidade dos seus rivais conseguir a maioría absoluta. Estivera ausente da cidade pero ao mellor non tivo ocasión de coñecer todas as súas almas nin de prever que os mozos e mozas inexperientes da Marea Atlántica ían conseguir tantos apoios coma el e a oportunidade de gobernar con outra metodoloxía, outro modelo e outros obxectivos. Cos seus erros e cos seus acertos.

Coincidín e agardo seguir coincidindo con Carlos. No trato sempre se revelou como unha persoa afábel, cordial, agasallador de sorrisos. Noutro lugar escribín que era un sedutor. Hai pouco vino rodeado de deputados e senadores. Non tiña a ledicia de antano. Sabía que marchaba. Cun privilexio que poucos coruñeses teñen e terán: ser durante un tempo o primeiro de todas e todos nós.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir