Queremos Galego pon autobuses dende Lugo para a manifestación das Letras
Os menores viaxarán gratis e os adultos poderán facelo por 5 euros
Lugo
Queremos Galego chama á cidadanía lucense a participar na manifestación que se celebrará en defensa do idioma o vindeiro martes 17 de Maio, día das Letras Galegas, en Santiago de Compostela. A organización fletará autobuses dende Lugo a un prezo de 5 euros para os adultos e gratuíto para os menores.
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Antón Castro - Queremos Galego
Baixo o lema O idioma é a vida, a plataforma insta a normalizar o uso da lingua galega nun momento que considera de "regresión" nas conquistas lingüísticas. A modo de exemplo, o responsable de CIG-Ensino en Lugo, Antón Castro, lamentou o "revés" que sufriu o idioma no Concello de Lugo tra-la sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que anula tres artigos da ordenanza do galego nos que se lle confería obrigatoriedade de uso en actuacións administrativas.
Dende a Plataforma denuncian a exclusión do galego de parte dos sectores económicos e a discriminación consentida aos falantes en servizos de atención a clientes.




