Sociedad | Actualidad
Operación Pulpo

O goberno da Deputación ten “confianza total” na xestión de Besteiro

O ente provincial ponse á disposición da xustiza para calquera aclaración

Pilar García Porto (D) y Antonio Veiga (I) / Deputación de Lugo

Pilar García Porto (D) y Antonio Veiga (I)

Lugo

A viceportavoz socialista na Deputación de Lugo, Pilar García Porto, expresou a  "confianza total" do goberno bipartito provincial á xestión realizada polo anterior executivo presidido por Xosé Ramón Gómez Besteiro.

García Porto amosa a súa posición tras unha semana na que se suceden as declaracións ante a xuez Pilar De Lara, que leva a Operación Pulpo, unha invistación sobre o posible amaño de concesións provinciais na etapa de Besteiro á fronte do organismo provincial (2007-2015).

Á súa vez, Pilar García Porto quixo trasladar toda a "confianza ao corpo de funcionarios da Deputación", que "sempre fan un esforzo para atender a legalidade en calquera cuestión". Ademáis, a viceportavoz socialista aproveitou para brindar "a máxima colaboración coa xustiza", á que tamén lle demandou celeridade.

  • APROBACIÓN DOS ORZAMENTOS
 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00