Deportes
ATLETISMO

II carreira popular Trevinca - A Veiga

Esta proba deportiva terá lugar o vindeiro 21 de agosto, no Concello de A Veiga

Presentación na DEputación de Ourense,da II carreira popular Trevica- A Veiga, que se celebrará o domingo 21 de agosto 2016 / Deputación de Ourense

Ourense

Na localidade ourensá de A Veiga, disputarase a segunda edición da carreira popular ¨ Trevica-A Veiga, ¨ unha das probas do primeiro circuíto de carreiras populares de Valdeorras, celebrarase o vindeiro 21 de agosto, no Concello de A Veiga.

Agustín González explicou que a primera edición desta proba ¨ foi todo un reto polas datas na que se celebra, en pleno mes de agosto, pero trala boa participación que tivo o ano pasado. esperamos que este ano logremos superar os 15o participantes, entre os dous eventos¨.

As inscricións para participar nesta proba poderán realizarse a través da páxina Web. WWW. carreirasgalegas.com, na oficina de Turismo de A Veiga, ou o mesmo día da proba, media hora antes da saída, cun prezo de 5 euros con bolsa de corredor ou 3 euros sen bolsa.

As inscricións dos cativos en categorías prebenxamíns, benxamíns, alevíns, infantís e cadetes, serán gratuítas a as carreiras terán lugar a partir das 13:00horas.

O alcalde do Concello de A Veiga, Juan Anta, dixo ¨ que este ano, intentaremos superar o reto do ano pasado, e que se converta nun dos referentes das carreiras populares de Galicia, porque ten todos os elementos para que así sexa. Contamos con un entorno espectacular, coas condicións climatolóxicas idóneas e cunha magnífica gastronomía.¨

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00