A cuarta edición da Viesgo Race Night celebrarase en Lugo o 12 de novembro
O percorrido será de 5 kilómetros partindo do concello
Lugo
O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, o director xerente de Begasa e responsable de Viesgo en Galicia, Luis García Santalla, a presidenta do Banco de Alimentos de Lugo, Amadora Núñez, e un dos organizadores da proba, Eneko Ruíz, presentaron este luns no Salón de Plenos a cuarta edición da Carreira Solidaria Viesgo Race Night, que se celebrará o 12 de novembro e estase a converter nun referente para todos os amantes deste deporte.
- Inscrición
Miguel Fernández destacou o feito de que “a maioría dos atletas de Lugo e a súa provincia teñen marcado en vermello o día que se celebra esta competición” e tamén animou a todos os amantes do atletismo e a todas as persoas solidarias a participar neste evento cada vez máis popular.
O edil tamén destacou “a importancia de que a carreira transcorra pola Muralla, poñendo en valor parte do noso Patrimonio da Humanidade iluminado polas lanternas individuais de cada participante e tamén polo carácter familiar desta carreira”.
Pola súa banda, Luis García Santalla agradeceu “a implicación do Concello neste tipo de eventos, non só polo aspecto deportivo da proba, senón, e sobre todo, polo seu marcado carácter solidario”.
Finalmente, Amadora Núñez explicou que a recadación deste evento ingresarase nunha conta para mercar ovos, que é un alimento básico para as familias que necesitan a axuda do Banco de Alimentos de Lugo.
As probas e os seus recorridos, que van dende o trazado pouco esixente dos benxamíns, ata os preto de 5.000 metros dos adultos, teñen o punto de partida, en todos os casos, diante da Casa do Concello.
Os máis pequenos percorrerán unha distancia de 500 metros acompañados, se o desexan, polos seus pais ou nais. Esta proba dirixida aos menores con idades de 3 a 7 anos será a primeira en disputarse, e o fará as 19:30 horas, a seguinte en disputarse será a de idades comprendidas entre 8 e 12 anos, que xa correarán de xeito individual, pero en circuíto pechado sobre unha distancia aproximada dun quilómetro.
A proba para maiores de 12 anos dará comezo ás 20:00 horas cun recorrido en torno aos 5 quilómetros, completando unha volta completa ao adarve da Muralla.