Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

A reparación de Outariz estará lista para finais de outubro

O investimento é de 82.000 euros, mediante un convenio coa Axencia de Turismo de Galicia para a promoción, difusión e fomento do turismo.

O investimento é de 82.000 euros, mediante un convenio coa Axencia de Turismo de Galicia para a promoción, difusión e fomento do turismo. / Radio Ourense- Cadena Ser

O investimento é de 82.000 euros, mediante un convenio coa Axencia de Turismo de Galicia para a promoción, difusión e fomento do turismo.

Ourense

Estas actuacións supoñen un investimento de 82.000 euros, sufragados mediante un convenio entre a Xunta (a través da Axencia de Turismo de Galicia) e o Concello de Ourense dentro do Plan Integral de Turismo de Galicia para a promoción, difusión e fomento do Turismo en Galicia. O departamento autonómico achega 70.000 euros, polos 12.000 da administración local.

Os traballos de reparación e adecuación das instalacións céntranse no bar con terraza cuberta, aseos públicos (tanto de mulleres, homes coma de persoas con mobilidade reducida), vestiarios con taquillas (estropeadas polo mal uso e o vandalismo) e punto de información turística. Estas obras están orzamentadas en 57.000 euros e rematarán, cumprindo cos prazos establecidos, o 31 de outubro.

O convenio inclúe unha segunda liña de sinalización: Instalación e renovación de paneis informativos no paseo da ribeira do Miño entre as áreas termais da Chavasqueira, O Tinteiro, Muíño da Veiga, Outariz e a Burga de Canedo, grazas ás que os usuarios terán información sobre recomendacións e normas de uso, propiedades das augas, etc. O orzamento é de 25.000 euros.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir