SER Deportivos LugoSER Deportivos Lugo
Deportes
Burela Pescados Rubén

O Burela FS pasa a oitavos na Copa

O equipo mariñán venceu 3-5 ó Prone Lugo no derbi

Burela fs

Lugo

O Pescados Rubén Burela FS conquistou este martes na cidade amurallada o billete para oitavos de Copa do Rei logo de impoñerse por 3-5 ao Prone Lugo FS. “Por primeira vez na tempada ffomos equipo, controlamos o partido e malia a empezar perdendo soubemos seguir controlando o partido e esperar a que chegasen os nosos goles”, reflexionaba o 12 laranxa Bruno Petry. O equipo de Daniel Ibañes coñecerá o seu rival o 25 de outubro.

“O Prone puido adiantarse nunha das súas primeiras ocasións claras, pero soubemos reaccionar” explicaba o autor do 1-2, a balón parado, no minuto 18, tras a iniciativa de Caique (minuto 15) para os lugueses e a igualada de Iago Rodríguez (minuto 17). Aínda que os locais puxeron as táboas segundos despois, o Pescados Rubén volveu apropiarse do marcador na recta inicial do segundo acto con Bellvert (minuto 22) en contragolpe e ampliaron Iago Rodríguez (27), en xogada individual, e Hélder (28).

Con xogo de cinco, os de Manuel Vázquez crearon perigo pero tan só materializaron o 3-5 (minuto 30), de novo de Caique. “Foron moitos minutos con porteiro-xogador, sufrimos algo pero é algo normal con 5 para 4; soubemos defender e conservar o resultado” aseguraba Petry.

O equipo de Daniel Ibañes descansa este mércores para volver xoves ao traballo de liga, con outro derbi irmandiño por diante, o do venres fronte ao Santiago Futsal (Vista Alegre, 21.00 horas). Os santiagueses caeron na Copa do Rei fronte ao Noia FS (3-2). “Teño moita ilusión de facer outro bo partido. É importante comezar a seguir puntos para fortalecer a confianza e o ánimo do equipo” adiantaba Petry, facendo fincapé na complexidade do duelo galego.

“Estará moi igualado, coma sempre. Xa nos vimos dúas veces en pretempada con vitoria para eles no Burela Bonita e para nós en Rianxo, por iso, porque nos coñecemos moi ben, o encontro do venres será aínda máis duro” explicaba o pivote, que recorre á concentración como chave da cita. “Se estamos ben de cabeza, con tranquilidade nos momentos máis inestables, temos moito do noso lado para gañar” puntualizaba o burelista.

  • FICHA TÉCNICA
 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00