Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast
Sociedad
Concursos gastronómicos

Bota a andar o concurso de pinchos Sabores de Ourense – Outono 2016

Corenta e nove establecementos participantes. Prezo máximo do pincho, 2,50 euros.

Corenta e nove establecementos participantes. Prezo máximo do pincho, 2,50 euros. / Radio Ourense- Cadena Ser

Corenta e nove establecementos participantes. Prezo máximo do pincho, 2,50 euros.

Ourense

A 9ª edición do concurso Sabores de Ourense – Pinchos de Outono, organizada conxuntamente pola Concellería de Turismo e Termalismo de Ourense e a Unión de Hosteleros Ourensanos (UHO), bota a andar este venres -até o 13 de novembro- coa participación de 49 establecementos da cidade (13 deles participan por vez primeira).

Como cada outono, o requisito imprescindible para participar é que os pinchos estean elaborados con cogomelos e/ou castañas, materias primas frescas e de tempada, buscando potenciar así os produtos locais. O importe máximo dos pinchos será 2,50 €: prezos populares ao alcance de todos os petos para que todo o mundo poida achegarse a saborear estes petiscos.

Entre as tendencias desta tempada nos menús, destacan os trompe-l'oeil ou imitacións que enganan a vista, os pinchos feitos con caza (cervo, xabarín) e porco, e as “miniburguers”, habendo moita orixinalidade nas presentacións.

Os premios oficiais do concurso son os 3 outorgados polo xurado profesional, os 3 concedidos polo público e o Premio Pincho Celíaco, outorgado pola delegación ourensá Asociación Galega de Celíacos, ao que optarán todos os pinchos que non empreguen glute na súa elaboración. Cómpre lembrar que o público que deposite o seu voto nas urnas colocadas nos establecementos participantes entrará no sorteo de distintos agasallos cos que se premiará a súa fidelidade.

Un plan perfecto

Esta edición de Outono está englobada dentro da campaña turística conxunta Un Plan Perfecto, que a Concellería de Turismo promoveu para aproveitar as sinerxias coa celebración dos Magostos, declarada festa de interese turístico, e o Festival de Cine. Entre diversas actuacións promocionais, hai unha promoción con Renfe para que todos os visitantes que queiran achegarse en tren a Ourense esa semana se beneficien dun desconto do 30% no billete do 27 de outubro ao 9 de novembro.

Toda a información sobre locais e pinchos pode consultarse na web específica que habilitada dentro da portal da Concellería, no enderezo http://saboresdeourense.turismodeourense.gal/

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir