Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Participa como xurado no Concurso de Escaparates de Nadal

Ata o día 30 de decembro poden acceder á páxina web da Concellería de Cultura e visualizar as fotografías dos escaparates que participan

Ourense

O Concello de Ourense convida a todos os ourensáns a participar como xurados no concurso XXVII Concurso de Escaparates de Nadal, outorgando os seus votos ao seu escaparate favorito. Ata o día 30 de decembro poden acceder á páxina web da Concellería de Cultura www.ourensecultura.com/concursos e visualizar as fotografías dos escaparates que participan neste tradicional certame que convocan o Concello e a Cámara de Comercio. Cada persoa pode realizar un voto polo seu escaparate preferido. O premio do xurado popular está dotado con 100 euros.

O certame está dotado tamén con tres premios de: 800€ + diploma | 600€ + diploma 400€ + diploma, que serán adxudicados por un xurado formado por representamtes do Concello e Cámara de Comercio e un profesional do mundo das artes, que visitarán os escaparates seleccionados a partir do luns. O tema a desenvolver é o Nadal, deixando total liberdade no tocante a técnica e estilo, e valoraranse tres criterios: creatividade e orixinalidade; combinación de elementos e cores; iluminación e composición.

Hoteis e Balnearios CALDARIA outorgará tamén un premio para empresas participantes, consistente no sorteo dunha estancia para dúas persoas.

A relación de premiados farase pública nun acto oficial que terá lugar o día 4 de xaneiro ás 11.30 horas no salón de plenos do Concello de Ourense.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir