O Burela FS debe gañar para seguir con opcións de copa
Daniel Ibañes non poderá contar Nin con Edu nin con Matamoros e Cuco é dúbida
Lugo
ADEUS EN ZARAGOZA
O Pescados Rubén Burela FS dirá adeus a 2016 na 13ª xornada de Primeira LNFS na casa do Ríos Renovables Zaragoza FS (20.45 horas). O Siglo XXI será testemuña dunha cita de gran rivalidade na que ambas as escuadras pelexarán por despedir o ano con boas sensacións con tan só 3 puntos de vantaxe da novena praza laranxa (15) sobre a décimo terceira maña (12).
“Sabemos que vai ser difícil; o ano pasado non puidemos vencer nesa pista, pero esta tempada o noso xogo é mellor e se queremos seguir enganchados necesitamos unha vitoria” explicaba o técnico burelista, Daniel Ibañes, que quere recuperar a esencia laranxa tras o tropezo en Vista Alegre da semana pasada. “Xa esquecemos o resultado con Ribera; tivemos días de descanso, que era o que necesitabamos, e adestramos pensando en recuperar o noso xogo e concentración das xornadas anteriores”.
“Zaragoza é quizais o equipo máis peculiar da liga defensivamente; expón unha defensa en zona que é moi difícil de atacar. Está sufrindo máis este ano, pero foi capaz de empatar na casa con Barcelona e ademais, con só 3 puntos por baixo de nós, buscarán con máis esforzo unha vitoria que para eles tamén podería ser moi importante” advertía o adestrador mariñán.
Nas filas burelistas non poderá despedir o ano sobre as pistas Matamoros, que cumprirá mañá o primeiro de dous partidos de suspensión tras a expulsión en Vista Alegre fronte a Aspil; Edu continúa co seu proceso de recuperación e Cuco será dúbida de última hora por un golpe sufrido onte durante o adestramento.
Jose Rodriguez, previa Zaragoza BurelaFS (30/12/2016)
02:22
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1483095811_229914/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 5. Iago Míguez, 7. Isi, 9. Iago Rodríguez, 11. Chano, 13. Álex, 17. Carlitos, 18. Bellvert, 20. Miñano, 21. Cuco, 23. Antoñito, 27. Renato, 30. Hélder