Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Máis de 250 persoas participarán na Cabalgata

A comitiva sairá ás 18:15h desde a estación de tren ambientada nos planetas e no sistema solar.

Ourense

Máis de 250 persoas acompañarán ás Súas Maxestades Os Reis Magos este venres, 5 de xaneiro, no seu percorrido pola cidade de Ourense. Os Reis Magos chegarán un chisco antes das 18h á Estación de tren Ourense - Empalme. Unha vez alí, subirán as carrozas que os levarán polas rúas da cidade até a Praza Maior. Estarán acompañados por unha comitiva de máis de 250 persoas, entre persoal de organización, figuración, produción, etc.

A temática xeral ensinará os planetas e o sistema solar, que estarán inflados de helio, continuando coa campaña levada este ano na actividade de Animación á lectura do Concello de Ourense.

Este ano, o Concello reafírmase na aposta pola seguridade co valado perimetral por primeira vez en zonas como a Praza de Concepción Arenal, a rotonda de San Rosendo (Progreso con Concordia e Xoán XXIII) ou a zona da Alameda.

Tras saudar á veciñanza congregada na estación, a Cabalgata dos Reis Magos sairá en torno ás 18:15 horas da estación de tren para realizar o percorrido tradicional na cidade pola Avenida das Caldas, Ponte Vella, rúa Progreso, rúa Doutor Marañón para rematar na Praza Maior.

O paso da Cabalgata requirirá realizar os necesarios cortes de tráfico previos nas rúas adxacentes, polo que o Concello solicita a condutores e condutoras que desculpen as molestias e utilicen itinerarios alternativos.

Fogos artificiais

A tirada de fogos artificiais será ás 21:00 horas na ribeira do Miño.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir