Victoria do Auriense feminino
As xogadoras do equipo Ourensán, demostraron o seu bo estado de forma, ante o Keltoi:15-31
Ourense
Dentro de unha xornada máis, da liga feminina do fútbol gaélico, o equipo do Auriense, desmostraron o seu bo estado de forma, e gañaron con solvencia o seu encontro contra o derradeiro clasificado, o Keltoi de Vigo, por 15 a 31.
Pese as numerosas baixas, que fixeron que disputase o partido sen posibilidade de trocos, a experiencia e o tiro a paus permitiron traerse de terras olivicas, un resultado que as afianza na parte alta da clasifiación, á espera dos vindeiros cruces que serán decisivos para ver se hai clasificación para o Torneo Ibérico.
Respecto ao equipo masculino, trala 5ª posición do Torneo Internacional disputado na pasada semana en A Estrada, toca descansar e preparar o vindeiro partido en Lalín o sábado día tres de marzo, contra Herdeiros de Dhais, onde está en xogo a 4ª praza e posibilidade, o pase directo ao Torneo Ibérico.