Deportes
CD Lugo

A Federación de Peñas do CD Lugo xa pensa nas súas primeiras accións

O organismo, no que están integradas polo momento 18 das 22 peñas do club, terá como cordinador a Román Sánchez

Os 11 directivos da Federación de Peñas co presidente do Lugo, Tino Saqués, e a secretaria, Olga Matalobos / Federación de Peñas CD Lugo CEDIDA

Lugo

A Federación de Peñas do CD Lugo puxo este mércores 23 a súa primeira pedra para unir ás agrupacións de aficionados do club albivermello. Nunha xuntanza na que tamén estivo o presidente da entidade, Tino Saqués, 18 das 22 peñas acordaron integrarse na entidade, outras tres teñen pendente debatelo internamente e só unha, Anfield Carro declinou a súa participación.

A entidade, pendente de realizar todos os trámites burocráticos para selar a súa constitución oficial, estará cordinada por Román Sánchez, membro da peña Domingo Fontán. Na asamblea fundacional aprobáronse os estatutos da agrupación, con lixeiras modificacións aos propostos inicialmente. Acordouse empregar linguaxe non sexista, velar polos símbolos históricos do club e cambiar a figura de presidente pola dun cordinador.

Ademais de todas estas cuestións, as distintas peñas espuxeron distintas propostas para incluir nun borrador de convenio co CD Lugo que se lle trasladará ao club en vindeiras datas. Algunhas das máis destacadas son as seguintes:

Bancada de animación

Durante a xuntanza, na que tamén estivo o presidente do Lugo, Tino Saqués, esbozouse a posibilidade de crear unha bancada de animación no Fondo Norte na que aglutinar ás peñas. Tamén se plantexou a opción de posibles descontos nos abonos aos socios membros de peñas e incluso outros máis grandes aos que participen activamente nesa bancada de animación.

Local social ou bar

Tamén se debateu a posibilidade de establecer no entorno próximo ao estadio Ángel Carro un local social para a vida diaria da Federación. Incluso saiu a debate a posibilidade de xestionar un bar no entorno do campo os días de partido e contribuir así á financiación da organización.

Desprazamentos organizados

Na asamblea fundacional tamén se esbozou a idea dunha maior cordinación entre as peñas nos desprazamentos aos partidos que o CD Lugo xogue fóra do Ángel Carro para o transporte e incluso a ubicación nos campos rivais. O club está integrado en Aficiones Unidas, e prevese que a Federación tamén o estea. Así, tería dereito a 300 entradas a un prezo de 15€ en cada un dos estadios dos restantes clubs asociados a esta asociación (a maioría dos da LFP).

Guiño á hostalaría que apoie ao club

Dende a Federación de Peñas tamén se traballará con distintas accións para manter un vínculo máis estreito cos locais hostaleiros da cidade e da provincia de Lugo que colaboren co CD Lugo. Así, falouse da posibilidade de celebrar eventos de Cantos de Taberna neles ou incluso recomendar ás afeccións dos equipos rivais que acudan aos establecementos que colaboren co club en Lugo.

Relación estreita coas outras afeccións da cidade

A Federación de Peñas do CD Lugo ten a idea tamén de pedirlle ao club unha relación estreita co resto de clubs da cidade, nomeadamente co Cafés Candelas Breogán. Neste sentido, demandarase que se exploren vías, na medida do posible, para descontos nos carnés a quen teña os das dúas entidades ou incluso nas entradas dos encontros.

  • Cordinador: Román Sánchez (Domingo Fontán)
  • Vicecordinador: Cristian Jacob (Os Porrós Sarriaos)
  • Tesoureiro:Xabier Pardo (Sección Lololo)
  • Secretario: Diego Vilanova (Lugoslavia)
  • Vogal: Marcos Porto (A Campiña)
  • Vogal: Kenia Valle (Os de Begonte)
  • Vogal:Manuel Vázquez (Hinchada Rossa)
  • Vogal: Javier Folgueiras (Brigadas Lucenses)
  • Vogal: Carlos Melchor (As Ovellas)
  • Vogal: Iván Abuín (Siareiros Minho)
  • Vogal: Jairo Lombao (Maty's)
  • Cordinador: Román Sánchez (Domingo Fontán)
  • Vicecordinador: Cristian Jacob (Os Porrós Sarriaos)
  • Tesoureiro:Xabier Pardo (Sección Lololo)
  • Secretario: Diego Vilanova (Lugoslavia)
  • Vogal: Marcos Porto (A Campiña)
  • Vogal: Kenia Valle (Os de Begonte)
  • Vogal:Manuel Vázquez (Hinchada Rossa)
  • Vogal: Javier Folgueiras (Brigadas Lucenses)
  • Vogal: Carlos Melchor (As Ovellas)
  • Vogal: Iván Abuín (Siareiros Minho)
  • Vogal: Jairo Lombao (Maty's)
 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00