Economia y negocios
Xunta Galicia

Aberto o prazo de solicitude das axudas ás Pemes galegas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte o programa de axudas para fomentar a igualdade laboral, a conciliación da vida laboral, persoal e familiar e a Responsabilidade Social Empresarial.

Concentración en el edificio administrativo de San Caetano. / Xunta de Galicia

Ourense

O Goberno galego, no seu obxectivo de garantir a saúde e benestar dos traballadores e traballadoras, reforza este programa de apoios incrementando o seu orzamento en preto dun 61% con respecto a 2017, ata chegar aos 1,3M€. O prazo de solicitude ábrese mañá e rematará o próximo 28 de xuño.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria busca con esta actuación fomentar a RSE, a igualdade de xénero no ámbito laboral, a corresponsabilidade e a conciliación dos traballadores e traballadoras en equilibrio coas necesidades organizativas da empresa. As compañías que avogan por unha xestión baseada en comportamentos responsables son máis competitivas e desenvolven produtos e servizos de maior valor, o que tamén repercute na cidadanía.

A iniciativa establece tres liñas de axudas. Para a implantación da RSE apoiarase a obtención de certificacións ou de informes de verificación ou validación de códigos de conduta, normas ou estándares neste ámbito financiando o 80% dos custos do proceso de certificación ou verificación, cun máximo de 3.000 euros por empresa.

Así mesmo, apoiarase o proceso para a elaboración e implantación de plans de igualdade co 80% dos custes cun máximo de 3000 euros por compañía. Este ano, como novidade, financiarase o proceso para poñer en marcha este tipo de plans. O pasado ano estas axudas dirixíanse ás compañías que certificaban que dispoñían destes proxectos.

En terceiro lugar, para a conciliación da vida laboral, familiar e persoal, establécense incentivos para o fomento do teletraballo e flexibilidade horaria con axudas de 3000 euros por persoa traballadora beneficiada con límite máximo de 12.000 euros por empresa. Este incentivo incrementarase en 1000 euros para aquelas empresas nas que a taxa de ocupación feminina sexa, polo menos, igual que a masculina.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria tamén dispón de axudas para a adquisición de elementos tecnolóxicos que faciliten o teletraballo, financiándose ata o 80% do investimento co tope de 1500 euros por persoa traballadora beneficiada e co límite máximo de 5000 euros por empresa. A intensidade desta axuda verase incrementada nun 10% para aquelas empresas nas que a taxa de ocupación feminina sexa, cando menos, igual á masculina.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00